Xestión de paquetes e repositorios

commentarios
Feito o:15 Outubro 2013

-Xestión de paquetes e repositorios

Instalando paquetes:
Debian copia na súa instalación predeterminada un amplo número de programas aos que podemos sumar outros moitos que podemos descargar dende Internet.
En Debian hai dous métodos para a instalación dos paquetes novos: A interface gráfica Synaptic e as ferramentas para o modo consola aptitude e apt-get. Se cadra Synaptic é máis doada de usar e aptitude un pouco máis complexa pero así mesmo máis potente.
Synaptic arrancase dende o menú Sistema >> Administración >> Xestor de paquetes Synaptic no escritorio Gnome.

Para instalar un paquete só temos que marcar o cadro de selección que hai xunto o seu nome, aparecerá un listado coas dependencias, no caso de posuílas, que aceptamos para instalalas tamén. A instalación facémola premendo no botón Aplicar.
Dende a liña de comandos aptitude execútase como superusuario, root, co comando:
# aptitude
Por exemplo, para instalar Synaptic dende a liña de comandos:
# aptitude install synaptic

Actualización completa:
Debian libera periodicamente novas versións dos paquetes, corrixindo erros de seguridade e estabilidade, e engadindo novas funcións. Para instalar estas actualizacións compre dispor de conexión a Internet e seguir os seguintes pasos:

  1. Cando hai unha versión máis recente dalgún dos paquetes que temos instalados, aparece unha icona vermella no panel superior do escritorio. Ao situarnos sobre esta icona dinos o número de actualización dispoñibles.
  2. Facemos dobre-clic co botón esquerdo do rato sobre a icona.
  3. Amósase o listado dos paquetes que se poden instalar e que aceptamos para realizar a actualización.

Os pasos anteriores da descarga de novas versións dos paquetes usan o xestor de actualizacións de Debian accesible dende Sistema >> Administración >> Xestor de actualizacións.

Se a detección de paquetes falla, dende esta ferramenta prememos no botón Check para solicitar a descarga do novo listado de paquetes dispoñibles en Internet.
Isto mesmo dende a liña de comandos:
# aptitude update
Actualiza o listado de paquetes que descargamos de Internet.
# aptitude upgrade
Actualiza os paquetes.

Actualización de paquetes:
Se queremos actualizar paquetes concretos tamén podemos usar Synaptic ou aptitude. A actualización en Synaptic é semellante a instalación dun paquete, onde marcamos aqueles que posúan unha nova versión e prememos no botón Aplicar. Para obter o último listado de paquetes prememos na icona Recargar.
Isto mesmo dende a liña de comandos:
# aptitude update
Actualiza o listado de paquetes que descargamos de Internet.
# aptitude install nome_paquete
Para instalar unha nova versión do paquete.

Borrar paquetes:
Eliminar un paquete en Synaptic é tan doado como premer no botón dereito do rato enriba do nome
do paquete e elixir a opción Marcar para eliminar ou Marcar para eliminar completamente e logo premer en Aplicar.
Para facelo dende a liña de comandos:
# aptitude remove nome_paquete
ou
# aptitude remove –purge paquete
Borra a maiores os arquivos dependentes.

Traballando cos repositorios:
Na ferramenta do menú Sistema >> Administración >> Fontes de Software, están definidos os repositorios da nosa instalación Debian.

A primeira lapela, Debian Software, ten catro opcións para activar os repositorios oficiais de Debian de Internet de descarga de paquetes.
Debian clasifica en tres ramas os paquetes que contén:

  • main, todos os paquetes libres incluídos en Debian.
  • contrib, programas que teñen como dependencias paquetes cunha licencia non libre
  • non-free, paquetes sen licencia libre.

Marcando as tres opcións disporemos de unha maior cantidade de programas.

A lapela Third-Party Software contén os repositorios creados na instalación do sistema, tamén pode conter paquetes de algunha comunidade de usuarios con repositorios propios. Para inserir un novo repositorio como fonte de descarga accedemos a lapela Third-Party Software prememos no botón Add, escribimos a dirección do repositorio precedida por deb e activámola. Agora dende Synaptic ou aptitude xa podemos instalar os paquetes que conteña o repositorio.

A lapela Updates refírese as actualizacións, a configuración por defecto en Debian Squeeze é a de enriba.

A lapela Autenticación permite importar unha chave pública e amósanos o almacén. O seguinte artigo: http://trisquel-blog.com/?cat=27 amosa o xeito de instalar unha, dende a liña de comandos, solicitada ao engadir un repositorio.

Por último a lapela Estatísticas envía información ao proxecto Debian se marcamos a opción: Enviar información estatística.

Paquetes individuais deb:

Pódese dar o caso que teñamos que instalar un paquete que non estea nos repositorios de Debian, se nos atopamos cun coa extensión .deb, teremos que seguir o pasos seguintes:

  1. Instalamos o paquete gdebi dende Synaptic ou aptitude.
  2. Descargámolo paquete .deb que imos instalar, prememos co botón dereito do rato enriba do paquete e escollemos a opción <<Abrir con Gdebi Package Installer>>.
  3. Prememos no botón Install Package.

Se a instalación fóra dende a liña de comandos fariámolo coa ferramenta dpkg en paga de aptitude:
# dpkg -i nome_paquete.deb

Paquetes rotos:
Se a instalación dun ou máis paquetes non finaliza ben dise que hai paquetes rotos, e xa non será posible instalar paquetes novos ata arranxar o problema.
Para esta situación dispoñemos de Synaptic:
Barra de menú >> Filtros e eliximos a opción Rotos
despois seleccionamos para instalar os paquetes marcados e prememos en aceptar.
E da liña de comandos:
# aptitude -f install
e aceptamos tódolos trocos que nos solicite.

Estructura do sistema de arquivos:
O sistema de arquivos de GNU/Linux é un sistema xerarquizado, saíndo tódolos directorios dun elemento chamado raíz, “/”.

Mentres outros sistemas operativos gardan os arquivos e programas en calquera directorio, Debian ten un directorio destino para cada tipo de arquivo. Os directorios máis importantes son:

  • bin: Contén os arquivos executables esenciais do sistema. Exemplo mount, cp, mkdir…

  • boot: Contén os arquivos necesarios para o arranque. Exemplo GRUB e núcleo Linux.

  • dev: Arquivos virtuais relacionados con dispositivos tanto internos como externos. Exemplo discos duros, impresoras, tarxetas gráficas etc para Linux todo é un arquivo.

  • etc: Arquivos de configuración dos programas e do propio sistema. Son arquivos de texto que se poden modificar con calquera editor. Neste mesmo directorio dentro de varios directorios que empezan por rc e de init.d, atópanse os scripts dos programas que se cargan no arranque e dos servizos.

  • home: Contén os directorios persoais dos usuarios creados no sistema agás o de root.

  • lib: Bibliotecas dos programas e módulos do núcleo.

  • lost-found: Garda en arquivos toda a información recuperada tras un peche involuntario do sistema.

  • media: Punto de montaxe das particións externas. CD/DVD, USB, etc.

  • mnt: Mesma finalidade co anterior.

  • opt: Directorio baleiro, se instalamos Firefox ou Chrome poderemos comprobar que se instalan aquí.

  • proc: Arquivos de só lectura. Contén tódolos datos relacionados cos dispositivos e o sistema operativo.

  • root: Directorio persoal do superusuario root.

  • sbin: Contén arquivos executables, como bin, pero neste caso os destinados á administración do sistema.

  • tmp: Directorio de arquivos temporais.

  • usr: Contén programas do usuario. Dentro atopamos outros directorios importantes do sistema de arquivos: bin, games, include, lib, local, sbin, share e src.

  • var: Arquivos cuxo contido é modificado de xeito periódico, como usr tamén contén outros directorios: backups, cache, games, lib local, lock, log, mail, opt, run, spool, tmp e www. 

Tema Panorama porThemocracy