Linux Práctico

commentarios
Feito o:20 Decembro 2011

Linux  Práctico

Xertionar particións con gParted.
Conectar impresoras e unidades de almacenamento ao porto USB do router.
Instalar kde4.
Comprimir/Descomprimir arquivos.
Tronzar/Xuntar/Convertir arquivos ( Vídeos tamén ).
Manipular arquivos PDF.
UnetBootin( Crear live usb ).
Montar arquivos NTFS.
Instalar o modem HuaweiE220 3,5G en Debian.
Instalar o Servidor Samba en Debian.

Xestionar particións con gParted

commentarios
Feito o:20 Decembro 2011

GParted é un editor de particións, de código libre, que serve para xestionar a organización dun disco que pode ser subdividido, en unha, ou máis particións. Unha partición de disco e cada unha das divisións dunha unidade física. Para poder recibir un sistema operativo o dispositivo ten que ter como mínimo unha partición.
Con GParted podense realizar as seguintes tarefas:
Crear unha nova partición, comprobala, borrala, trocarlle o tamaño, copiar e pegar datos, formatala, monta-la, desmontala e xestionar as marcas.
Esta ferramenta forma parte, ou pódese instalar, na maioría das distribucións de Linux. Hai un LiveCD que nos permite arrincar sen sistema operativo. Tamén está dispoñible un LiveUSB.
A derradeira versión pódese descargar dende aquí, é unha imaxe ISO que nos permite, de xeito moi doado, crealo LiveCD/USB.
Imos ver uns exemplos para tirarlle proveito. O primerio é usalo noso CD/USB para arrincar o ordenador, aparece isto:

Eleximos a opción de arrinque por defecto.

Séguelle a carga dos programas que precisa o sistema para arrincar, escoller idioma (O galego é o 09) e se queremos usalo servidor X (0 por defecto) para o entorno gráfico.

Por fin, aparece na pantalla GParted e as súas opcións. Maximizámola.

Dependendo do tipo de disco duro, Linux idenfícao como hda(ATA) ou sda(SATA), neste caso. sda, é o primeiro disco, sdb o segundo e así sucesivamente. Cada unha das particións do disco noméase cun número, do xeito:sda1..sdaN. Na fiestra de arriba, GParted amósanos as particións que ten o dispositivo, un sda, con varias particións estendidas e con distintos sistemas de arquivo.
As particións estendidas xurdiron para superar o límite das 4 particións primarias máximas por cada disco duro e poder crear un número ilimitado de unidades lóxicas, cada unha cun sistema de arquivos diferente. Todos os sistemas modernos (Linux, calquera Windows baseado en NT e ata VOS/2) son capaces de arrincar dende unha unidade lóxica. Con todo, o MBR por defecto utilizado por Windows e DOS só é capaz de continuar o proceso de arranque cunha partición primaria. Cando se utiliza este MBR, é necesario que exista polo menos unha partición primaria que conteña un cargador de arranque. Outros cargadores de arranque que substitúen ao MBR, por exemplo GRUB, non sofren desta limitación.
O candeado pechado indica que a partición está montada, en uso, o que quere dicir que para manipulala primeiro hai que desmontala. O que se ve na cuarta liña é:    /dev/sda7 —> Partición 7, como para Linux todo é un arquivo, o cartafol /dev contén os enlaces aos dispositivos físicos.
   ext4 —> Sistema de arquivos propio de Linux.
   / —> En Linux, como mínimo precisamos unha partición linux-swap e outra ext, cuxo punto de montaxe é “/”, é dicir, o raíz onde irá todo.
   Etiqueta —> Substantivo para nomear a partición.
   Tamaño, usada e sen usar non precisan explicación.
   Marca —> boot quere dicir que é a partición de arrinque. Na opción xestionar as marcas veremos máis.

Este é un disco duro sen particionar. A continuación imos ver as opción das que dispón o menú da fiestra

A primeira opción do menú é gParted e contén:
  Actualizar dispositivos: O nome fala por si.
  Dispositivos —> /dev/sda, primeiro disco duro
                          —> /dev/sdf, segundo disco duro
Tendo en conta que so teño un disco duro interno parece que a nomenclatura anterior falla, pois non, a placa base ten sitio para cinco discos duros e para eles reserva as letras “a”,”b”,”c”,”d” e “e”. A “f” asígnalla a un disco externo, se agora conectásemos unha memoria USB sería sdg.
  Saír —> Pois iso, saír.

A segunda opción Editar, contén:
  Desfacer a última operación —> Está moi claro.
  Limpar a lista de operacións —> Na parte de abaixo da fiestra quedan reflectidas todas as operacións, isto as borra.
  Aplicar todas as operacións —> Unha vez solicitada unha acción hai que aplicala, esta opción fai varias xuntas.

A terceira opción Ver, contén:
  Información do dispositivo —> Se o marcamos, danos datos adicionais do dispositivo, como: modelo,tamaño,ruta,etc.
  Operacións pendentes —> Amosa na parte inferior da fiestra os traballos pendentes.
  Asistencia do sistema de ficheiros —> Amosa unha táboa coas operacións permitidas por cada sistema de arquivos.

A cuarta opción Dispositivo, contén:
  Crear táboa de particións —> Crea particións.
  Tentar rescatar os datos —> Busca sistemas de arquivos no dispositivo.É necesario un análise completo do disco para encontrar sistemas de ficheiros e a análise pode durar moito tempo. Despois da análise pódese montar calquera sistema de ficheiros descuberto e copiar a información a outro soporte.

A quinta opción Partición, contén:
  Nova —> Crea unha partición.
  Eliminar —> Ollo, se ten datos…
  Redimensionar/Mover —> Trócalle o tamaño a unha partición.
  Copiar —> Copia o contido dunha partición.
  Pegar —> Pega os datos nunha partición, se non está baleira sobre escribe os datos existentes.
  Formatar como —> Formatea unha partición cun sistema de ficheiros determinado.
  Desmontar —> Desmonta unha partición, precisase para manipulalas.
  Xestionar as marcas —> Amosa as marcas que se poden por as particións:boot(arrinque),hidden(oculta),lvm(discos lóxicos),raid(bloques de discos),etc.
  Comprobar —> Iso.
  Información —> Sistema de ficheiros da partición, tamaño,ruta,marcas,etc.

  Axuda —> Sen palabras.
Isto é todo, aos que non lles guste GParted sempre lles queda fdisk, dende a liña de comandos.

Conectar impresoras e unidades de almacenamento ao porto USB do router

commentarios
Feito o:22 Novembro 2011

-Como conectar impresoras e unidades de almacenamento ao porto USB dun Router Comtrend AR-5387, un router inalámbrico con: 1 porto USB, 4 LAN e 1 WLAN, dos que adoitan a facilitar as compañias de telefonía aos seus clientes domésticos.
Antes de conectar a impresora ao porto e configurar o router temos que asegurarnos que a nosa impresora soporta o protocolo IPP (Internet Printing Protocol) 1.1 e que ten alimentación externa.
Como o router só ten un porto USB, para dispor das unidades de almacenamento, imos conectar ao porto USB do router un duplicador de portos ao que conectaremos unha impresora multifunción e un HD de 1 Tb.
Imos ao panel do router:
Para iso, abrimos o navegador e poñemos:http://192.168.1.1 (IP do meu router).

Necesitaremos o usuario e a contraseña. Se non a coñecemos pedímoslla o noso ISP, tamén nos pode indicar cal é a ip. En caso de modificar os valores por defecto, se non se recordan, hai que resetealo router.
Xa estamos no panel de control e imos activar o servidor de impresión:
No menú, columna da esquerda, seleccionamos Advances Setup -> Print Server. Habilitámo-lo cadro de verificación “Enable on-board print server” e introduccimos o nome (Printer name) e o modelo (Make and model). Pulsamos o botón Apply/Save para gardar os cambios.

Agora imos agregar a impresora no PC, Para iso:

Agora aceptamos esta pantalla e despois todas que seguen.

Vemos, neste caso, que xa hai configurada unha impesora de serie, explicar a súa instalación non ten obxecto xa que en Debian, polo menos a miña HP en porto Usb, detéctaa e instala de xeito automático. Presionamos o botón “Engadir” e seleccionamos Impresora.

¡Importantisimo!, Seleccionar protocolo IPP e asegurarse de que o nome da impresora é aquí exactamente igual que no router.


Driver correspondente ao noso modelo de impresora, no meu caso HP.

Indica que o driver é compatible con hardware adicional que pode ser instalado na impresora.


Podemos imprimir a folla de proba agora ou facelo ao final.

Comprobamos de novo que o nome que lle demos á nosa impresora de rede e o mesmo co que lle demos no router.

En estado teñen que estar marcadas as 3 casiñas de verificación.

Tchan…, xa temos funcionando a impresora.

Configurar o disco duro é moito máis doado, só precisamos ter instalado o cliente samba, aquí:

Configurar servidor samba

hai un sinxelo manual que nos permite facelo. Isto vai permitir que podamos compartir o noso disco duro e a impresora en rede.
Conectamos o disco ao duplicador de portos USB, xa temos a impresora ocupando un, abrimos o navegador e conectámonos ao router, como fixemos coa impresora.
Unha vez dentro do router vamos a isto:

En Storage Service aparece descrito un volume, é o noso. Pois xa está, non hai máis que facer. Podemos habilitar un acceso ftp en:

Para acceder ao noso volume:





Iso é todo, dobre click, e listo.

Servidor Samba

commentarios
Feito o:9 Outubro 2011

-Samba é un software co que se poden compartir arquivos e impresoras nunha rede local. Utiliza para iso o protocolo SMB/CIFS compatible con sistemas operativos UNIX ou Linux, pero tamén con sistemas Windows, VOS/2 ou DOS.
Para instala-lo cliente samba, facemos:
 #aptitude install samba smbfs smbclient
Logo editamos e modificamos,eu fágoo co editor nano, o arquivo, smb.conf:
 #nano /etc/samba/smb.conf
No apartado Global Settings modificamos e deixámo-la a seguinte liña do seguinte xeito:
  workgroup = GRUPO_TRABALLO ( o grupo de traballo ou dominio de cada un )
No apartado Authentication modificamos do seguinte xeito:
;security = share
security = user
username map = /etc/samba/smbpasswd

temos que asegurarnos de pór o “;” antes de security = share
No apartado Share Definitions, para dar acceso aos usuario aos seus directorios persoais, buscamos debaixo da liña [homes] e deixámolas así:
 [homes]
   comment = Home Directories
   browseable = no
   valid users = %S
   writable = yes

Se queremos compartir un directorio, saímos do nano, creamos un cartafol en /home e dámoslle permisos dabondo:
 # mkdir /home/comparch
 # chmod 777 /home/comparch
//lectura, escritura e execución
Volvemos ao arquivo de configuración de samba:
 # nano /etc/samba/smb.conf
Logo imos ao final do apartado Share Definitions e poñémo-lo seguinte:
 [comparch]
   comment = Arquivos compartidos
   path = /home/comparch
   public = yes
   writable = yes
   guest ok = yes
   browseable = yes
   create mask = 0777
   directory mask = 0777

Para compartir impresoras hai que buscar no arquivo /etc/samba/smb.conf, o apartado Printing:
 ;printing = cups
 ;printcap name = cups

E deixámo-las así:
 printing = cups
 printcap name = cups

Para engadir usuarios a Samba, tecleamos o seguinte comando:
 #smbpasswd -a nome_usuario
 New SMB password: o_noso_pwd
 Retype new SMB password: repetimos

Esta será a clave de usuario para entrar ao servidor Samba
Imos crear un arquivo onde estarán os usuarios que se poden conectar ao Servidor de Samba, para isto tecleamos:
 # nano /etc/samba/smbusers
Por casa usuario crearemos unha liña do seguinte xeito:
 nome_user_linux = “nome_user_Windows”
Tecleamos:
 # testparm
Se todo está ben reiniciamos samba:
 # /etc/init.d/samba restart

Referencia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Samba_(programa).

Xogos

commentarios
Feito o:13 Agosto 2011

X      O      G      O      S



Descargar – Xogo de Letras ( Versión nova ).

Descargar – Xogo de Letras ( Antigo ).

Descargar – Xogo de Cifras.

En proxecto, letras+cifras.

Os xogos foron desenrolados co Lazarus baixo o sistema operativo Debian.
O titular dos dereitos de autor destes xogos é: trisquel-blog.com, e publícaos baixo os termos da licenza Creative Commons.
Es libre:
Para compartilos, para copialos, para distribuílos e para transmitilos, atribuíndo a autoría, de forma especifica, ao autor, sen que suxira que o autor apóiache niso e coa condición de manter sempre esta nota de copyright ©.
En caso de alterar, transformar ou ampliar estes traballos, deberás distribuílos só baixo a mesma licenza ou unha semellante.


GNU

Debian

Lazarus

Xogo de Letras (Nova versión)

commentarios
Feito o:13 Agosto 2011
Xogo de Letras (Nova versión)

Sistemas Operativos de 64 bits

Sistemas Operativos de 32 bits
                         letras-1.2-amd64.deb                          letras-1.2.i386.deb
                         letras-1.2-2.x86_64.rpm                          letras-1.2.i386.rpm
                         XogoLetras64 tar.gz                          XogoLetras32 tar.gz
                         letras-1.0-Setup.exe                          letras-1.0-Setup.exe

A nova versión é igual ca antiga agás na interface de usuario, agora non hai que dicir cantas letras ten a palabra nin escribila nun cadro de texto, chega con arrastra-las letras dende o panel inferior o superior. Se nos trabucamos só temos que premer na letra.
O xogo consiste en procurar a maior palabra posible a partir dunha serie de letras xeradas de xeito semi-aleatorio.
Na táboa de enriba atópanse as descargas para sistemas de 32 e 64 bits, Linux e Windows. Se a túa descarga é o arquivo .tar.gz, leva dentro un instalador, se o queres usar tes que descomprimir o arquivo no teu cartafol $HOME, ir ao cartafol /letras1.2_LinuxXX e segui-las instrucións que hai dentro. Pedirache dúas veces o contrasinal de root, o mesmo que para face-la desinstalación. Tamén podes deixalo como está e executalo dende a liña de comandos, poñendo: ./letras, ou cun acceso directo no escritorio.

O titular dos dereitos de autor deste xogo é: trisquel-blog.com, e publícaos baixo os termos da licenza Creative Commons.

Xogo de Cifras

commentarios
Feito o:13 Agosto 2011
Xogo de Cifras

Sistemas Operativos de 64 bits

Sistemas Operativos de 32 bits
                         cifras-1.2-amd64.deb                          cifras-1.2-i386.deb
                         cifras-1.2-x86_64.rpm                          cifras-1.2-2.i386.rpm
                         XogoCifras64.tar.gz                          XogoCifras.tar.gz
                         XogoCifras64.exe                          XogoCifras.exe

O obxectivo do xogo é obter un número enteiro natural entre o 101 e o 999 para as operacións aritméticas: suma, resta, multiplicación e división, a partires de seis números presentados entre 1 e 10, 25, 50, 75 e 100.
Non é obrigado usar todos os números, pero non se pode repetir ningún.
Se se acada o número exacto obtéñense 11 puntos, as desviacións en 10 números 8 puntos.
O xogo ten un taboleiro para comprobar se a obtención do número é correcta.

O titular dos dereitos de autor deste xogo é: trisquel-blog.com, e publícaos baixo os termos da licenza Creative Commons.

Maqetta, editor WYSIWYG para HTML5

commentarios
Feito o:31 Maio 2011

Maqetta é un editor WYSIWYG deseñado para editar documentos en HTML5 e elaborar aplicacións web.
Desenvolvido por IBM, presentouse na conferencia IBM Impact 2011. Posteriormente, IBM doou o proxecto á Dojo Foundation como un proxecto de software libre e de código aberto.
O editor foi desenvolvido para contar cunha ferramenta de desenvolvemento para HTML5 comparable ás dispoñibles para Adobe Flash e Microsoft Silverlight.


Instalación e Posta en marcha de Maqetta de xeito local en Linux:

Maqetta funciona mellor en Chrome, Firefox-4 e Safari. E é moi importante facer unha instalación limpa.
Antes de instalar unha nova versión Maqetta, imos pechar e reiniciar o navegador e limpar a caché. Estas medidas probablemente non sexan necesarias na maioría dos casos, pero é recomendable, sobre todo, para aqueles que utilizaron versións anteriores de Maqetta.

Instrucións para limpar cachés

Borrar a caché do navegador e o seu “AppCache” (almacenamento fóra de liña):
Chrome:
-Click na icona de ferramentas e seleccionar “Preferences”. Isto abrirá unha nova pestana no navegador:
-Facer click no hipervínculo “Under the Hood”.
-Borrar a caché: Dende “Under the Hood”, facer clic en “Clear Browsing Data” ( Eliminar datos de navegación ). No cadro de diálogo que segue, asegúrese de que “Empty the cache” (Baleirar o caché) está marcada. Pulsar o botón “Clear Browsing Data”.
– Borrar AppCache (almacenamento fóra de liña): Facer click en “Content Settings…” para que apareza o cadro de diálogo de configuración de contidos. En “cookies”, facer click en “Allow local data to be set (recommended)” e pechar Content Settings. En “Buscar”, escribir o nome do servidor desde o que se executa Maqetta. Se está instalado localmente, escribir “localhost”. Se se executa fóra de http://maqetta.org, a continuación, escribir “maqetta”. Se existe unha entrada denominada “Aplicación cachés”, seleccionar na opción “Solicitude de cachés” o tema que corresponde ao servidor Maqetta, e facer click no botón “Eliminar” na parte inferior.
Firefox
-Borrar a caché: En “Ferramentas” facer click en “Limpar agora “.
-Borrar AppCache: En “Preferencias -> Opcións avanzadas -> Rede -> “debaixo de:” Os seguintes sitios web almacenaron datos para o seu uso sen conexión”. Ver se o servidor que alberga Maqetta está na lista. Se se instalou localmente, o servidor é “localhost”. Se o servidor Maqetta está na lista, seleccionar e a continuación click en “Eliminar” (e logo “Borrar datos en liña”).
Safari
– (Só Mac) Baixo o menú “Safari”, invocar a “caché baleira …” comando para borrar tanto o caché do navegador como o caché da aplicación.

Instrucións para instalar e executar localmente.

Comprobe que ten Java, versión 5 (JRE 1.5), ou superior, instalada na súa máquina.
Dende a liña de comandos:

# java -version

Isto permitiralle coñecer se dispón da versión axeitada.
Baixar dende maqetta.org o arquivo maqetta-xxxxx-xx.zip e descomprimilo no cartafol $HOME, isto vai crear un cartafol de nome maquetta-preview, dámoslle permisos de execución:

$ chmod +x maqetta-preview -R

e xa temos o editor instalado, mudámonos alí:

$ cd maqetta-preview

e o executa-la shell:

$ sh maqetta.local.unix.sh

porase en marcha o servidor local Maqetta e amosará a seguinte mensaxe:
!!!!!!!!!!!!!!
NOTE: CLOSING THIS WINDOW WILL
STOP THE MAQETTA SERVER PROCESS
!!!!!!!!!!!!!
Using jar: ./plugins/org.eclipse.equinox.launcher_1.1.1.R36x_v20101122_1400.jar
Using directory: /home/anxo/maqetta/users
Start your browser at: http://localhost:50000/maqetta
osgi>

Só queda lanzar o navegador co: http://localhost:50000/maqetta-preview.
Isto é un pequeno exemplo das súas posibilidades:

O servidor Maqetta continuará funcionando ata que se peche a fiestra de comandos. Unha vez peche a fiestra da shell, o servidor deixará de funcionar. Como xa notarían o editor Maqetta pódese usar en xeito local ou en xeito servidor.

Xogo de Letras ( Antigo )

commentarios
Feito o:21 Marzo 2011
Xogo de Letras (Antigo)

Sistemas Operativos de 64 bits

Sistemas Operativos de 32 bits
                                                   Arquivo .deb
                                                   Arquivo .rpm
                         Arquivo tar.gz                          Arquivo tar.gz
                         Installer exe                          Installer exe

O xogo consiste en procurar a maior palabra posible a partir dunha serie de letras xeradas de xeito semi-aleatorio.
Na táboa de enriba atópanse as descargas para sistemas de 32 e 64 bits, Linux e Windows. Se a túa descarga é o arquivo .tar.gz, leva dentro un instalador, se o queres usar tes que descomprimir o arquivo no teu cartafol $HOME, ir ao cartafol /letras1.2_LinuxXX e segui-las instrucións que hai dentro. Pedirache dúas veces o contrasinal de root, o mesmo que para face-la desinstalación. Tamén podes deixalo como está e executalo dende a liña de comandos, poñendo: ./letras, ou cun acceso directo no escritorio.

O titular dos dereitos de autor deste xogo é: trisquel-blog.com, e publícaos baixo os termos da licenza Creative Commons.

Debian 6.0 Squeeze. Posta a punto

commentarios
Feito o:16 Febreiro 2011

– Unha vez instalado o sistema operativo hai que poñelo a punto. Imos facelo para arquitecturas de 64 bits, con isto cubrímo-la de 32 bits tamén. O primeiro que fago despois de instalar un sistema Debian é instalar o paquete alien dende os repositorios oficiais:
  # aptitude install alien
Alien permite converter paquetes .rpm en .deb, e viceversa, tarde ou cedo vainos facer falta.

Despois descargamos a derradeira versión do plugin Flash Player, o tar.gz, para Linux 64 bits se fose o caso, dende a páxina de Adobe:
Descomprimímolo:
  # tar xvf install_flash_player_10_linux.tar.gz
Contén un arquivo chamado libflashplayer.so que temos que copiar no directorio: /usr/lib/mozilla/plugins/. Ou onde esté /mozilla/plugins.
  # cp libflashplayer.so /usr/lib/mozilla/plugins/
Xa podemos dispor da tecnoloxía Flash no noso navegador.
  # aptitude install mozilla-plugin-vlc
Listo, o noso navegador xa pode visualizar vídeos.

Agora imos instalar a derradeira versión da máquina virtual Java, JVM, para podermos ver animacións feitas con Java.
Descargámola dende aquí:
Eliximos a opción Linux x64, que é un executable .bin. Eu acostumo a instalalo no cartafol /opt. Copiamos alí o programa:
  # cp jre-6u23-linux-x64.bin /opt
Mudamos o cartafol /opt:
 # cd /opt
Dámoslle permisos de execución:
  # chmod +x jre-6u23-linux-X64.bin
Instalamos o programa:
 # ./jre-6u23-linux-X64.bin
Borramos o executable:
 # rm jre-6u23-linux-x64.bin
Agora temos que crear un enlace o plugin libnpjp2.so que se atopa en:/opt/jre1.6.0_23/lib/amd64/. Nas arquitecturas de 32 bits chámase libpluginjava_oji.so.
Imos o cartafol /usr/lib/mozilla/plugins:
  # cd /usr/lib/mozilla/plugins
Creamos o enlace:
  # ln -s /opt/jre1.6.0_23/lib/amd64/libnpjp2.so
Listo. os navegadores Iceweasel, baseado en Firefox pero máis rápido, Konqueror e Epiphany, os que trae por defecto Debian xa están a punto.

Ata hai pouco, os plugins para navegadores de 64 bits en sistemas x86_64 Linux foron máis ben escasos. O uso de nspluginwrapper permite usar plugins 32 bits, e nativos se se dispón deles, en arquitecturas de 64 bits.
Imos ver de descargalo: e instalalo:
  # dpkg -i nspluginwrapper_1.3.0-1_amd64.deb
Isto crea algunhas dependencias:

Imos arranxalo:
  # aptitude install ia32-libs ia32-libs-gtk lib32gcc1 libc6-i386
Arranxado.
Un par de exemplos:
Despois de instalar nspluginwrapper, instalamos o Adobe Reader 32 bits, entón temos que correr na liña de comandos o seguinte:
  # nspluginwrapper -i /opt/Adobe/Reader8/Browser/intellinux/nppdf.so
Se instalamos noutro sitio o Adobe, hai que trocar o camiño.
Para o plugin Flash Player de 32 bits, dende o cartafol onde o teñamos:
  # nspluginwrapper -i /usr/lib/mozilla/plugins/libflashplayer.so
Do mesmo xeito que co Adobe, hai que trocar o camiño, se fose o caso.
Outro exemplo de aplicación de 32 bits é Skype:
Imos descargalo dende a páxina oficial e darlle permisos de execución:
 # chmod +x skype*
Instalamos as librerías de 32 bits necesarias.
  # aptitude install ia32-libs ia32-libs-gtk libqt4-core libqt4-gui
Forzamos a instalación
  # dpkg -i –force-architecture skype*.deb

Por último imos coa tarxeta da rede inalámbrica. Ata de agora nunca tiven atrancos con ela, pero teño lido que as veces hainos. Primeiro imos pescudar cal temos:
  # lspci
Isto vainos dar un informe detallado de todos os dispositivos pci do noso ordenador, o que busco é:
06:00.0 Network controller: Intel Corporation PRO/Wireless 3945ABG [Golan] Network Connection (rev 02)
Esta é a identificación da miña tarxeta de rede. Agora vou a páxina web do driver, iwlwifi-3945-ucode-15.32.2.9, e o baixo. Lembrar que isto só serve para esta tarxeta. Descomprimímolo e instalámolo:
  # cp iwlwifi-3945-2.ucode /lib/firmware
Xa está configurada a tarxeta de rede, a configuración da rede será outro capítulo.
O firmware é un software integrado no dispositivo polo que en parte tamén é hardware. É o interfaz entre as ordes externas que recibe e a súa electrónica, xa que é o encargado de controlar que se executen correctamente ditas ordes. Máis sobre o firmware, aquí.

Finalmente, son e vídeo. É posible que acha que facer algún troco, eu adoito a instalar, se non se instalaron por defecto, smPlayer e Vlc. Tamén hai que ter en conta as características propias de cada tarxeta, e se fose o caso instalar os drivers correspondentes. Despois prememos na icona do son da barra de tarefas, abrímolo mesturador de son e comprabamos ca canle master está activada, coido que ao oitenta por cento está ben. Outro xeito é ir a liña de comandos, escribir alsamixer e comprobar que esta activada dita canle.
Imos darlle un repaso aos codecs necesarios para tratar os arquivos multimedia e a súa actualización. Abrímo-lo arquivo sources.list que contén os repositorios.
# nano /etc/apt/sources.list
e engadímola seguinte liña:
deb http://www.debian-multimedia.org squeeze main non-free
deste xeito, os codecs actualizaranse sos. Saímos do editor e actualizamos:
# aptitude update
resposta:
Recibironse 11,9 MB en 20s (557 kB/s).
W: Error de GPG: http://www.debian-multimedia.org squeeze Release: As seguintes firmas non se puideron verificar xa que a súa chave pública non está dispoñible: NO_PUBKEY 07DC563D1F41B907

entón importámola chave:
# gpg –keyserver keys.gnupg.net –recv-key 1F41B907 (– son dous guións medios, ollo ao copiar/pegar. )
resposta:
gpg: directorio `/root/.gnupg’ creado
gpg: creado un novo ficheiro de configuración `/root/.gnupg/gpg.conf’
gpg: AVISO: as opcións en `/root/.gnupg/gpg.conf’ aínda non están activas nesta execución
gpg: chaveiro `/root/.gnupg/secring.gpg’ creado
gpg: chaveiro `/root/.gnupg/pubring.gpg’ creado
gpg: solicitando clave 1F41B907 do hkp servidor keys.gnupg.net
gpg: /root/.gnupg/trustdb.gpg: creouse unha base de datos de confianza
gpg: clave 1F41B907: clave pública “Christian Marillat ” importada
gpg: non se atopan chaves absolutamente fiables
gpg: Cantidade total procesada: 1
gpg: importadas: 1

engadímola ao arquivo das chaves, gpg.conf:
# gpg –export –armor 1F41B907 | apt-key add –     (– tamén son dous guións medios. )
OK, é a respota, actualizamos outra vez.
# aptitude update
Logo de ter configurados os repositorios, podemos instalar, dende eles, os codecs multimedia básicos para a reprodución dos formatos de audio e vídeo máis comúns, para facelo escribimos no terminal (logueados como root):
Para 32 bits:
# aptitude install w32codecs libdvdcss2 gstreamer0.10-fluendo-mp3 ffmpeg sox twolame vorbis-tools lame faad gstreamer0.10-ffmpeg gstreamer0.10-plugins-bad avifile-divx-plugin libfacc0
Para 64 bits:
# aptitude install w64codecs libdvdcss2 gstreamer0.10-fluendo-mp3 ffmpeg* sox twolame vorbis-tools lame faad gstreamer0.10-ffmpeg* gstreamer0.10-plugins-bad avifile-divx-plugin libfacc0
(*) Ollo, poden crear dependencias con outras aplicacións.
Para coñecer se temos un codec instalado:
# aptitude search o_nome_codec

Referencia:
http://wiki.debian.org/MultimediaCodecs.

Tema Panorama porThemocracy