Xogo de Letras (Nova versión)

Feito o :13 Agosto 2011
Xogo de Letras (Nova versión)

Sistemas Operativos de 64 bits

Sistemas Operativos de 32 bits
                         letras-1.2-amd64.deb                          letras-1.2.i386.deb
                         letras-1.2-2.x86_64.rpm                          letras-1.2.i386.rpm
                         XogoLetras64 tar.gz                          XogoLetras32 tar.gz
                         letras-1.0-Setup.exe                          letras-1.0-Setup.exe

A nova versión é igual ca antiga agás na interface de usuario, agora non hai que dicir cantas letras ten a palabra nin escribila nun cadro de texto, chega con arrastra-las letras dende o panel inferior o superior. Se nos trabucamos só temos que premer na letra arrastrada ao panel superior.
O xogo consiste en procurar a maior palabra posible a partir dunha serie de letras xeradas de xeito semi-aleatorio.
Na táboa de enriba atópanse as descargas para sistemas de 32 e 64 bits, Linux e Windows. Se a túa descarga é o arquivo .tar.gz, leva dentro un instalador, se o queres usar tes que descomprimir o arquivo no teu cartafol $HOME, ir ao cartafol /letras1.2_LinuxXX e segui-las instrucións que hai dentro. Pedirache dúas veces o contrasinal de root, o mesmo que para face-la desinstalación. Tamén podes deixalo como está e executalo dende a liña de comandos, poñendo: ./letras, ou cun acceso directo no escritorio.

O titular dos dereitos de autor deste xogo é: trisquel-blog.com, e publícaos baixo os termos da licenza Creative Commons.

Tema Panorama porThemocracy