Xestionar e crear máquinas virtuais con VirtualBox.

Feito o :24 Abril 2012

Virtualización:
A virtualización é unha técnica que nos permite instalar sistemas operativos adicionais sen necesidade de particionar o disco duro.
Oracle VM VirtualBox é un software de virtualización para arquitecturas x86/amd64, creado orixinalmente pola empresa alemá innotek GmbH. Actualmente é desenvolvido por Oracle Corporation como parte da súa familia de produtos de virtualización. Por medio desta aplicación é posible instalar sistemas operativos adicionais, coñecidos como «sistemas hóspedes ou convidados», dentro doutro sistema operativo «anfitrión», cada un co seu propio ambiente virtual.
Entre os sistemas operativos soportados (en xeito anfitrión) atópanse GNU/Linux, Mac VOS X, VOS/2 Warp , Windows, e Solaris, e dentro deles é posible virtualizar os sistemas operativos FreeBSD, GNU/Linux, OpenBSD, VOS/2 Warp, Windows, Solaris, MS-DOS e moitos outros.A aplicación foi inicialmente ofrecida baixo unha licenza de software privativo, pero en xaneiro de 2007, logo de anos de desenvolvemento, xurdiu VirtualBox OSE (Open Source Edition) baixo a licenza GPL2.
Actualmente existe a versión privativa Oracle VM VirtualBox, que é gratuíta unicamente baixo uso persoal ou de avaliación, e esta suxeita á licenza de “Uso Persoal e de Avaliación VirtualBox” (VirtualBox Persoal Use and Evaluation License ou PUEL) e a versión Open Source, VirtualBox OSE, que é software libre, suxeita á licenza GPL.
Instalación:
A instalación de VirtualBox é moi sinxela nas distribucións baseadas en Debian. Pódese facer dende os repositorios, co Synaptic ou dende a liña de comandos:
# aptitude install virtualbox-ose
Isto abonda para instalar VirtualBox en Mint.
Tamén poderíamos instalar a última versión, é o que imos facer neste titorial, descargándoa dende a páxina oficial, para iso temos abrir un editor, Nano no meu caso, con permisos de administrador:
# nano /etc/apt/sources.list
e engadirlle aos repositorios a seguinte liña:
 deb http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian squeeze contrib non-free
pechar o editor, gardar as modificacións e actualizar.
# aptitude update
Vainos dar o seguinte erro:
W: Error de GPG: http://download.virtualbox.org squeeze Release: Las firmas siguientes no se pudieron verificar porque su llave pública no está disponible: NO_PUBKEY 54422A4B98AB5139
Para descargar as chaves públicas:
# wget -q http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian/oracle_vbox.asc -O- | sudo apt-key add –
Temos que obter un OK
Outro xeito é descargar a chave dende: The Oracle public key for apt-secure can be downloaded é premendo aquí. No mesmo carafol onde descagamos a chave facer:
# sudo apt-key add oracle_vbox.asc
Volvemos actualizar:
# aptitude update
e instalamos:
# aptitude install virtualbox-4.1
# aptitude install virtualbox-ose-guest-utils
# aptitude install virtualbox-ose-guest-x11
# aptitude install virtualbox-ose-guest-dkms
Para distribuccións baseadas en Debian, en algunhas versións, a maiores:
# aptitude install build-essential linux-header-$(uname -r)
A parte uname -r amosaranos a versión do kernel que se está a executar nese intre.
Para os usuarios de Ubuntu/Debian, VirtualBox recomenda instalar o paquete dkms para asegurar que os módulos do kernel (vboxdrv, vboxnetflt e vboxnetadp) actualízanse correctamente se o kernel de linux troca de versión. O dkms xa se instala con VirtualBox, se non, pode ser instalado polo Synaptic ou pola orde seguinte:
# aptitude install dkms
Tamén recomenda limpar os repositorios:
# sudo -s -H
# aptitude clean
# rm -fr /var/lib/apt/lists/*
# rm -fr /var/lib/apt/lists/partial/*
# aptitude clean
# aptitude update
VirtualBox xa está instalado. Unha vez feita a instalación temos que comprobar, en todas as distribucións, que pertencemos ao grupo vboxusers que é o grupo que contén os usuarios que poden executalo. Facemos:
$ groups
De non pertenceres un xeito de ser agregado dende a liña de comandos é:
# usermod -g vboxusers nome_do_voso_usuario
Tamén podes ir ao: Sistema » Administración » Usuarios e grupos » Xestionar os grupos, isto abrirá unha nova xanela na que van aparecer os grupos. Elixe vboxusers Propiedades, marca os que desexes e preme en Aceptar. Pecha todas as xanelas.
Para dar permisos aos dispositivos USB dende a liña de comandos:
# nano /lib/udev/rules.d/91-permissions.rules
Despois troca a liña:
SUBSYSTEM==”usb”, ENV{DEVTYPE}==”usb_device”, \
MODE=”0664″
por esta outra:
SUBSYSTEM==”usb”, ENV{DEVTYPE}==”usb_device”, \
MODE=”0666″
Para que os trocos se fagan efectivos reiniciamos o ordenador.
Crear unha máquina virtual:
Antes de instalar un sistema hóspede temos que dispor dunha máquina virtual onde hospedalo. Para iso: Aplicativos » Ferramentas do Sistema » Oracle VM VirtualBox


Pantalla de benvida, premer no botón Novo.


Comeza o asistente para crear a maquina virtual. Seguinte.


Aquí poremos o nome que lle imos dar a máquina virtual e o sistema operativo que imos empregar, neste caso Mac OS X, e prememos en Seguinte


Cantidade de memoria que imos asignar, axustamos á memoria dispoñible e escollemos a recomendada 1024 Mb, aínda que isto dependerá dos programas que vaias usar. Prememos en Seguinte


A primeira vez temos que crear un disco, escollemos a opción Crear un novo disco ríxido. Isto permitirá que ao crear novas máquinas poidamos empregar a opción de crear un novo disco ou empregar un existente. Seguinte.


Istos son os tipos de arquivo que pode empregar o noso disco virtual:

  • VDI – Imaxe de disco virtual. O seu formato de almacenamento.
  • VMDK – Formato usado por VMware.
  • VHD – Formato utilizado por Microsoft.
  • HDD – Disco duro paralelo.

Deixamos marcado VDI e prememos Seguinte.


Temos dúas opcións para o tamaño do noso disco virtual: Expansión dinámica ou tamaño fixo, a primeira ocupa menos espazo aínda que vai algo máis lenta. Se creamos un disco duro dinámico de 20 Mb. e o instalar o sistema só ocupamos 3 ese será o tamaño que ocupará o disco.
Prememos Seguinte.


Amósanos a localización e o tamaño do disco virtual que estamos creando. Seguinte.


Create.


Create.
Imos de novo a: Aplicativos » Ferramentas do Sistema » Oracle VM VirtualBox


A esquerda están as máquinas virtuales instaladas, irán aparecendo segundo as vaiamos creando.

Configurar unha máquina virtual:
Isto vai depender das características do ordenador, o que estou a empregar é un Intel i3 cun disco duro de 500 Gb, 4 Gb de memoria Ram e 1 Gb de memoria adicada para gráficos.
Para comezar a configurar a máquina virtual prememos na icona Configuracións da imaxe superior.
As imaxes que seguen poden servir como un exemplo de configuración.


Esta opción permitenos compartir cartafoles co sistema anfitrión.

Instalación dun sistema nunha máquina virtual:
Imos outra vez a: Aplicativos » Ferramentas do Sistema » Oracle VM VirtualBox
Inserimos o CD co sistema operativo, seleccionamos a máquina virtual e prememos no botón Iniciar.


Se da un erro como o que se ve na imaxe imos a liña de comandos do sistema anfitirón e executamos a seguinte instrución:
# /etc/init.d/vboxdrv setup
Isto actualizará o módulo do kernel de VirtualBox. Logo hai que pechar as fiestras dos erros, e volver a premer no botón de Inicio, isto iniciará a instalación do sistema hóspede. A instalación do sistema convidado non difire dunha instalación normal.
Aí van algunhas imaxes da primeira instalación dun convidado.

Aquí escollemos o medio que conten o sistema operativo imos instalar,neste caso un DVD. Dámoslle a seguinte e comeza a instalación.
A configuración por defecto de VirtualBox, permítelle ao hóspede úsalo rato, acceso o seu disco virtual, a internet e ao CD/DVD do sistema anfitrión. Isto pódese mellorar instlando unhas utilidades chamadas Guest Additions no sistema operativo hóspede.


Para instalar as Guest Additions, mentres se está a executar Windows, imos ao menú da máquina virtual en: Dispositivos premendo en: Instalar os aplicativos para o sistema convidado. Prememos a opción subliñada na nova fiestra, aceptamos todo e reiniciamos a máquina virtual.
Para sistemas baseados en Debian temos que instalar, de non telos, uns paquetes. Entramos na máquina virtual (sistema convidado) e actualizamos os repositorios:
# aptitude update
# aptitude upgrade

Despois facemos:
# aptitude install build-essential
# aptitude install linux-headers-$(uname -r)
# aptitude install module-assistant
# module-assistant prepare

Despois imos a: Dispositivospremendo en: Instalar os aplicativos para o sistema convidado.
Isto montara o CD das Guest Additions que será visible no Escritorio e en:/media/cdrom, mudámonos alí:
cd /media/cdrom/VBOXADDITIONS_4.x.x.x
#sh VboxLinuxAdditións.run
Ou facendo dobre clic na icona do CD e doble clic no arquivo axeitado. Poño unhas imaxes da instalación para Linux Mint e para Solaris( É un Linux de pago ).



Nos Linux, baseados en Debian, hai dous xeitos de compartir cartafoles:

  • Se temos instalado un servidor samba, aquí di como, no sistema hóspede arrincamos a máquina virtual (sistema convidado) e no menú prememos en: Lugares >> Rede, navegando polos cartafoles chegaremos o cartafol compartido.

  • A outra opción consiste en engadir na máquina virtual o noso usuario ao grupo vboxsf que se creou ao engadir as Guest Additions.
    # adduser nome_usuario vboxsf
    Coa máquina virtual en funcionamento imos ao menú de Virtualbox e prememos en: Dispositivos >> Carpetas compartidas isto abrirá unha fiestra na que temos que premer sobre a icona da dereita co signo + a cal fai que se abra a fiestra máis pequena onde marcaremos a ruta do cartafol que queremos compartir, logo marcaremos automontar e facer permanente ou só lectura, segundo as nosas preferencias.

Ao reiniciar o sistema teremos o cartafol compartido en: /media/sf_cartafolcompartido.
Para compartir o portapapeis co sistema anfitrión imos a: Dispositivos >> Portapapeis compartido >> Bidireccional.
Para compartir arrastrar e soltar: Dispositivos >> Arrastrar e soltar >> Bidireccional. Ao reiniciar o sistema teremos o cartafol compartido en: /media/sf_cartafolcompartido.

Se instalas unha máquina virtual dun sistema operativo privativo, tipo: Mac, Windows ou Solaris precisas dunha licenza.
Se queres descargar unha copia do titorial en PDF preme Neste enlace
Isto é todo.

Licenza Creative Commons©

Tema Panorama porThemocracy