Instalar o modem HuaweiE220 3,5G en Debian

Feito o :19 Xaneiro 2010

– Este módem, permítenos a conexión a internet dende calquera sitio no que haxa cobertura telefónica.
O primeiro que me dixeron na tenda de Telefónica onde o merquei foi o seguinte:
Aínda que na caixa pon usalo con Windows Vista hai que facelo con Windows xp.!!!
Entón pensei, se non funciona en Vista seguro que funciona en Debian. Estou tan convencido que non hai nada que faga Windows que Linux non sexa quen, que o merquei.
Non chamedes o servizo técnico de Telefónica, eu so precisaba unhas IPs e perdín o tempo. Primeiro mandáronme baixar da súa web unha aplicación chamada escritorio movistar, en Debian non vai, e despois, tras media hora de tomarme o pelo con preguntas incribles, como cal era a cor do módem, ou que fora ao i.e., para acabarme dicindo que chamara un técnico. Deume a impresión que a rapaza que me atendeu nunca oíra falar de Linux.
Ata de aquí a anécdota, agora imos configuralo módem 3,5G HuaweiE200 en Debian 5.0.
O primeiro que temos que facer e instalar o programa wvdial dende os repositorios de Debian:
 # aptitude install wvdial
é posible que falten algunhas librerías, no meu caso:
 # aptitude install libuniconf libwvstreams4.4-base libwvstreams4.4-extras libxplc
de calquera xeito non hai máis que anotalas ao instalar o wvdial. Logo xeramos o arquivo de configuración:

 # wvdialconf
Agora so temos editalo arquivo wvdial.conf que está no directorio /etc
 # nano /etc/wvdial.conf
E, no caso de Telefónica de España, deixalo do seguinte xeito:

[Dialer Defaults]
Init1 = ATZ
Init2 = ATQ0 V1 E1 S0=0 &C1 &D2
NETMASK = 255.255.255.0
Modem Type = USB Modem
ISDN = 0
REMOTE_IP = 10.64.64.64
LOCAL_IP = 0.0.0.0
Phone = *99***1#
Modem = /dev/ttyUSB0
Username = MOVISTAR
Password = MOVISTAR
Baud = 480600

[Dialer pin]
Init1 = AT+CPIN=9999

Para lanzalo:
 # wvdial pin

As únicas liñas que merecen comentario son:
REMOTE_IP = 10.64.64.64
LOCAL_IP = 0.0.0.0

Estas dúas trouxéronme pola rúa da amargura, entendo que mas tiñan que dar en Telefónica,como xa comentei, non foron quen. Para facerme con elas tiven que facer unha instalación en Ubuntu, aí si funciona o escritorio movistar, e miralas na configuración do devandito escritorio, non están moito a vista, levoume un bo cacho localizala.
Init1 = AT+CPIN=9999
Aquí vai o número do pin que ven coa caixa do módem. Tamén serve para evitar ter que escribir o número do pin.
Iso é todo.

Tema Panorama porThemocracy