LibreOffice

Feito o :6 Marzo 2012


Creative Commons ©

Introdución

Trátase dun conxunto de aplicacións que se distribúen conxuntamente e están orientadas a resolver as tarefas mais comúns da oficina.
Permite crear documentos, follas de cálculo, xerar e utilizar macros, corrección ortográfica en galego, xeración de páxinas web e documentos pdf dende calquera das súas aplicacións e conexión a base de datos. Componse de:

  • Writer, Procesador de Textos

  • Calc, Folla de Cálculo

  • Impress, Editor de Presentacións

  • Draw, Editor de Gráficos Vectoriais

  • Base, Administrador de Bases de Datos

  • Fórmula, Fórmulas Matemáticas.

É unha das suites ofimáticas actuais mais importantes e que mellor soporte dá aos distintos formatos das demais suites ofimáticas xa sexan libres ou pechadas. É dicir que se temos documentos feitos en Word e queremos abrilos en LibreOffice é completamente posible.
Esta pantalla ten todas as aplicación que forman a suite ofimática de LibreOffice, tamén podemos cargar directamente cada unha delas no Menú do Sistema dentro de apartado Ofimática.

Documento de texto

Debuxo

Folla de cálculo

Base de datos

Presentación

Fórmulas

O texto ao lado das iconas é o enlace ás aplicacións.

LibreOffice pódese descargar dende:
Sitio oficial de LibreOffice: http://www.libreoffice.org/ [inglés]
Sitio do proxecto galego. http://gl.libreoffice.org/
Se queres este manual completo en pdf:Titorial de LibreOffice.pdf

Tema Panorama porThemocracy