Servidor Samba
–Samba é un software co que se poden compartir arquivos e impresoras nunha rede local. Utiliza para iso o protocolo SMB/CIFS compatible con sistemas operativos UNIX ou Linux, pero tamén con sistemas Windows, VOS/2 ou DOS.
Para instala-lo cliente samba, facemos:
#aptitude install samba smbfs smbclient
Logo editamos e modificamos,eu fágoo co editor nano, o arquivo, smb.conf:
#nano /etc/samba/smb.conf
No apartado Global Settings modificamos e deixámo-la a seguinte liña do seguinte xeito:
workgroup = GRUPO_TRABALLO ( o grupo de traballo ou dominio de cada un )
No apartado Authentication modificamos do seguinte xeito:
;security = share
security = user
username map = /etc/samba/smbpasswd
temos que asegurarnos de pór o “;” antes de security = share
No apartado Share Definitions, para dar acceso aos usuario aos seus directorios persoais, buscamos debaixo da liña [homes] e deixámolas así:
[homes]
comment = Home Directories
browseable = no
valid users = %S
writeable = yes
Se queremos compartir un directorio, saímos do nano, creamos un cartafol en /home e dámoslle permisos dabondo:
# mkdir /home/comparch
# chmod 777 /home/comparch //lectura, escritura e execución
Volvemos ao arquivo de configuración de samba:
# nano /etc/samba/smb.conf
Logo imos ao final do apartado Share Definitions e poñémo-lo seguinte:
[comparch]
comment = Arquivos compartidos
path = /home/comparch
public = yes
writeable = yes
guest ok = yes
browseable = yes
create mask = 0777
directory mask = 0777
Para compartir impresoras hai que buscar no arquivo /etc/samba/smb.conf, o apartado Printing:
;printing = cups
;printcap name = cups
E deixámo-las así:
printing = cups
printcap name = cups
Para engadir usuarios a Samba, tecleamos o seguinte comando:
#smbpasswd -a nome_usuario
New SMB password: o_noso_pwd
Retype new SMB password: repetimos
Esta será a clave de usuario para entrar ao servidor Samba
Imos crear un arquivo onde estarán os usuarios que se poden conectar ao Servidor de Samba, para isto tecleamos:
# nano /etc/samba/smbusers
Por casa usuario crearemos unha liña do seguinte xeito:
nome_user_linux = “nome_user_Windows”
Tecleamos:
# testparm
Se todo está ben reiniciamos samba:
# /etc/init.d/samba restart
Referencia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Samba_(programa).