UnetBootin( Crear live usb )

Feito o :29 Abril 2010


Unetbootin é un software libre que serve para facer un live usb bootable ou copiar ao disco duro un arquivo iso. Para instalalo:

# aptitude install uneetbootin

Se non estivera nos repositorios oficiais podémolo descargar dende a páxina:

http://unetbootin.sourceforge.net/

Neste caso só temos que situalo arquivo no cartafol desexado, eu púxeno en desktop[Escritorio], e dende alí executalo, ben dende a liña de comandos:


./unetbootin

Ou, despois de crear un acceso directo, cun dobre click na icona.
Aparécenos unha fiestra coma esta:

Como vedes todo é moi intuitivo, so tedes que elixir a distribución, a imaxe iso e o tipo de dispositivo e a unidade.
Se non vos gusta deste xeito podédelo facer dende a liña de comandos. Este é o proceso:

#dd if=arquivo.iso of=/dev/sdx bs=4M

Onde arquivo, é o nome do arquivo, e x, é a letra que corresponde a unidade usb, o máis doado é que sexa, b, ou c. É moi importante subliñar que o contido do usb hase borrar.

Referencia:
Sourceforge/

Tema Panorama porThemocracy