Montar arquivos NTFS

Feito o :29 Abril 2010

-Para montar en Linux un sistema de arquivos NTFS, incluido en Windows a partires da versión NT, o primeiro que temos que facer é instalar dende os repositorios Debian/Ubuntu o paquete ntfs-3g:
#aptitude install ntfs-3g
Agora imos crear un cartafol para montar a nova partición:
# mkdir /media/particion_ntfs
Imos ver onde está a partición NTFS. Facemos:
# fdisk -l
O resultado parecerase a:

Para montala partición:
#mount -t ntfs-3g /dev/sda1 /media/particion_ntfs
Para desmontala:
#umount /media/particion_ntfs

sda1 fai referencia a primeira partición -1-, do primeiro dispositivo de almacenamento -a-, so hai que trocalo polo axeitado.

Para que o montaxe sexa automático:
# nano /etc/fstab

E engadimos a seguinte liña:
/dev/sda1 /media/particion_ntfs ntfs-3g ro,uid=1000 0 0

Referencia:
NTFS-3G Manual

Tema Panorama porThemocracy