LibreOffice. Impress

Feito o :29 Xuño 2012


Creative Commons ©

Presentacións.Impress

Impress é unha ferramenta para crear presentacións interactivas. Unha presentación só é unha serie de diapositivas.
Interfaz de Usuario

Elementos da Pantalla:

  1. Panel de diapositiva:Amosa unha diapositiva. Pódese usar o panel de diapositivas para engadir, renomear e eliminar diapositivas.

  2. Panel de esquema: Amosa a serie das diapositivas. Tamén permite engadir, renomear,eliminar, cortar, copiar e pegar.

  3. Panel de tarefas: Contén páxinas para especificar as páxinas principais, o deseño, a animación personalizada e a transición de diapositivas. Premendo noutro título ábrese outra páxina..

  4. Menú Emerxente: Son menús que se activan ao facer clic no botón dereito do rato.

  5. Barra de debuxo: Contén ferramentas de edición usadas con frecuencia ao debuxar. Pódese ver tamén nun documento de texto ou nunha folla de cálculo. Para seleccionar máis dun obxecto, hai que premer a tecla Maiúscula ao premer.

Menú do Ficheiro

Estas orde aplícanselle ao documento actual. O elemento Ficheiro da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Novo: Crea un novo documento para calquera das aplicacións de LibreOffice.

  2. Abrir: Abre unha presentación ou un documento gardado previamente.

  3. Documentos recentes: Amosa, e permítenos elixir, entre as últimas presentacións ou documentos gardados.

  4. Asistentes: Ofrécennos axuda para confeccionar cartas, fax, presentacións, etc.

  5. Pechar: Pecha o documento actual.

  6. Gardar: Garda o documento actual, a primeira vez pregunta onde o queremos gardar.

  7. Gardar como: Garda o documento e danos a opción de escoller onde.

  8. Gardar todo: Garda sen preguntar. Moi útil para ir gardando as presentacións segundo se van facendo.

  9. Recargar: Volve cargar a última versión gardada.

  10. Versións: Permite manter varias versión dun documento.

  11. Exportar: Permítenos crear documentos html,xml,pdf, txt, etc.

  12. Exportar como PDF: Crea un PDF a partir da presentación actual.

  13. Enviar: Permite enviar documento como e-mail, e-mail como presentación: OpenDocument ou PowerPoint ou e-mail como PDF.

  14. Propiedades: Amósanos o tipo de documento, Localización, Tamaño, data de creación…

  15. Sinaturas dixitais: Serve para asinar un documento, para elo precisamos ter un certificado dixital.

  16. Modelos: Deixa organizar e editar os nosos modelos, así como salvar o ficheiro actual como modelo.

  17. Previsualización no explorador web: Amósanos a presentación actual como páxinas web.

  18. Imprimir: Iso.

  19. Configuración da impresora: Permítenos escoller a impresora, mudarlle as opcións e configurar a páxina que imos imprimir.

  20. Saír: iso.

Menú Editar

Este menú contén ordes para editar os contidos do documento actual. O elemento Editar da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Desfacer: Inverte a última orde ou a última entrada escribiches.

  2. Refacer: O contrario de desfacer.

  3. Cortar: Corta un parágrafo, previamente seleccionado, nunha diapositiva.

  4. Copiar: Copia un parágrafo, previamente seleccionado, nunha diapositiva.

  5. Pegar: Pega un parágrafo previamente copiado ou cortado.

  6. Pegado Especial: Pega usando diferentes formatos. Permite escoller pegar o contido mediante unha caixa de diálogo.

  7. Seleccionar todo: Selecciona todo o contido dunha diapositiva.

  8. Atopar: Atopa, se existe, unha palabra ou frase determinada

  9. Atopar e substituír: Atopa e cambia unha palabra ou frase por outra proposta.

  10. Duplicar: Duplica parágrafos ou obxectos.

  11. Puntos: Permite activar ou desactivar puntos nun debuxo e modificalo.

  12. Puntos de pegado: Son puntos de conexión personalizados aos que poden anexar conectores, atópanse na barra de debuxo e son liñas que unen obxectos.

  13. Campos: Edita as propiedades dun campo inserido premendo nel dúas veces.

  14. Eliminar diapositiva: Iso.

  15. Ligazóns: Permite editar e configurar as propiedades da ligazón seleccionada. Esta orde non está dispoñíbel se o documento actual non contén ligazóns a outros ficheiros.

  16. Complemento:É un compoñente que podemos crear e engadilo aos menús e barras de ferramentas de LibreOffice.

  17. Mapa de imaxe:Un mapa de imaxe é un marco de texto ou unha imaxe sensíbel a unha referencia.

  18. Obxecto:Un obxecto é un elemento de pantalla que contén datos. Pode referirse a datos do aplicativo, como texto, imaxes, son ou vídeo.

  19. Hiperligazón: É un enlace a unha páxina web ou a un ficheiro no sistema local.

Menú Ver

Este menú contén ordes para controlar a presentación en pantalla do documento. O elemento Ver da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. As seis primeiras ordes, agás presentación de diapositivas, correspóndense coas lapelas do panel de diapositivas e fan referencia o xeito de presentación das diapositivas e presentacións.

    Presentación de diapositivas corresponde coa visualización da presentación.

  2. Principal: Activa unha das visualizacións principais:Diapositiva, Nota ou Elemento nos que se poden engadir os elementos que aparezan en todas as diapositivas da presentación.

  3. Cor/Escala de grises: Permite alternar entre cor, escala de grises e branco e negro

  4. Marcar ou desmarcar opcións dende Panel de tarefas ata Comentario permítenos deseñar o aspecto do entorno de traballo.

………………………………

Cabeceira e rodapé: A caixa de dialogo permítenos incluír nas diapositivas cabeceiras e pes de páxina. Pódese aplicar a unha ou a todas as diapositivas.

Zoom: Serve para afastar ou acercar a páxina.

Menú Inserir

O menú Inserir contén ordes para inserción de diapositivas. Isto inclúe notas, comentarios, caracteres especiais, gráficos e obxectos doutros aplicativos na diapositiva. O elemento Inserir da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Diapositiva: Insire unha nova diapositiva debaixo da actual.

  2. Duplicar diapositiva: Fai unha copia exacta dunha diapositiva.

  3. Expandir diapositiva: Crea unha dispositiva nova a partir de cada punto de esquema de nivel superior. Só pode usar o orde Expandir diapositiva se o deseño da diapositiva contén un obxecto de título e un obxecto de esquema.

  4. Diapositiva de resumo: Crea unha nova diapositiva cunha lista con viñetas dos títulos das diapositivas que veñen despois da seleccionada. A diapositiva de resumo insírese despois da última diapositiva.

  5. Número de páxina: Insire o número de diapositiva ou da páxina actual. Pódese aplicar a todas as diapositivas.

  6. Data e hora: Aplicado a diapositiva o concepto é o mesmo que para Writer.

  7. Campos: Igual que en Writer.

  8. Comentario: E unha nota para comentar aspectos que non serán visibles ao executar a presentación.

  9. Caracteres especiais: Esta función permite inserir caracteres especiais no texto, como marcas de verificación, caixas e símbolos.

  10. Marca de formato: Insire marcas especiais de formato para: Espazo sen quebras, guión irrompíbel ou guión opcional.

  11. Hiperligazón:Abre unha caixa de diálogo que permite crear e editar unha url, pode ser a unha páxina web, ou a un ficheiro.

  12. Imaxe animada: Insire unha imaxe en movemento.

  13. Imaxe: Insire unha imaxe dende un arquivo ou un escáner a selección actual.

  14. Táboa: Permite inserir unha táboa na diapositiva actual. Aplícaselle todo o que se dixo en Writer sobre táboas.

  15. Vídeo e son:Insire un ficheiro de vídeo ou audio na diapositiva actual.

  16. Obxecto: Insire un obxecto OLE, unha fórmula, unha extensión ou unha gráfica.

  17. Gráfica: Serve para comparar series de datos e observar as súas tendencias. Pódense inserir gráficas en follas de cálculo, documentos de texto, deseños e presentacións.

  18. Marco flotante: Insire un marco flotante no documento actual. Os marcos flotantes usanse en documentos HTML para amosar o contido doutro ficheiro.

  19. Ficheiro: Insire un ficheiro.

Menú Formato

Contén ordes para formatar o deseño e o contido de documentos. O elemento Formato da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Formatado predeterminado: É o formato por defecto.

  2. Carácter: Permite aplicarlle a un carácter ou a un parágrafo o tipo de letra, efectos de tipo de letra e posición.

  3. Parágrafo: Permite aplicar sangrías, aliñamentos e tabulacións.

  4. Víñetas e numeración: Permite viñetas, tipo de numeración, esquema e imaxes así como fixar a posición e diversas opcións.

  5. Páxina: Para os estilos do contido da diapositiva temos: Páxina e fondo.

  6. Modificar maiúsculas/minúsculas: Pon a maiúscula inicial, convirte maiúsculas a minúsculas e viceversa.

  7. Posición e tamaño: Permite redimensionar e rotar textos e obxectos.

  8. Liña: Opcións de formato para a liña ou a frecha seleccionadas ou que imos debuxar.

  9. Área: Sobre un obxecto

  10. Texto: Sobre un obxecto é posíbel aplicar: Área, sombra, transparencia, cores, gradacións, patróns de trazado e mapas de bits.

  11. Recortar imaxe: Úsase esta área para recortar ou escalar unha imaxe seleccionada ou para engadir un espazo en branco ao redor dela.

  12. Estilo de diapositiva: Amosa unhaa caixa de diálogo onde é posíbel seleccionar un esquema de deseño para a diapositiva actual.

  13. Deseño de diapositiva: Desprega opción deseño de diapositivas no Panel de tarefas.

  14. Estilos e formatado: É unha xanela na que se organizan os estilos.

  15. Agrupar: Agrupa ou desagrupa obxectos.

Menú Ferramentas

Contén ferramentas de corrección, unha galería de obxectos que podemos engadir ao documento, así como ferramentas para configuración de menús e configuración de preferencias do programa.O elemento Ferramentas da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Ortografía: A verificación ortográfica comeza na posición actual do cursor e avanza ata a fin do texto ou da selección. Tamén existe a posibilidade de continuar a verificación ortográfica a partir do inicio do texto.

  2. Idioma: Contén o submenú co: Dicionario de sinónimos, Guionización e Dicionarios en liña. Selecciona a linguaxe usada polo usuario para unha selección, un parágrafo ou todo o texto.

  3. Galería: Se marcamos esta opción amósanse, debaixo das barras de ferramentas, unha serie de obxectos para usar como:Fondos, sons, viñetas, etc.

  4. Substituír cores: Coa ferramenta pódense substituír cores en mapas de bits. Pode substituír ata catro cores simultaneamente. Tamén se pode utilizar a opción Transparencia para substituír as áreas transparentes dunha imaxe por unha cor.

  5. Reproductor multimedia: Ofrece soporte a formatos multimedia. Tamén pode inserir ficheiros multimedia no documento actual.

  6. Minimizar a presentación: É un asistente que se usa para reducir o tamaño do ficheiro da presentación. No último paso poderase escoller entre aplicar os cambios ou crear unha nova versión optimizada.

  7. Macros: As macros son grupos de instrucións usadas para automatizar tarefas.

  8. Xestor de extensións: Serve para engadir e atopar extensións. Pódense engadir, editar e retirar servidores MediaWiki, dicionarios, etc.

  9. Configuración de filtros XML: Permite abrir o diálogo de configuración de filtro de XML. Pódense crear, editar e eliminar filtros de proba para importar e para exportar ficheiros de XML.

  10. Opcións de autocorreción: Permite corrixir erros de xeito automático.

  11. Personalizar: Pódense personalizar as teclas de atallo e atribucións de macro. Tamén se poden gardar e cargar a configuración personalizada dos menús, das teclas de atallo e das barras de ferramentas.

  12. Opcións: Especifica propiedades para o obxecto seleccionado, gráfico ou marco para LibreOffice.

Menú Presentación de diapositivas

Contén ordes para manipular e visualizar as opresentacións. O elemento Presentación de diapositivas da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Presentación de diapositivas: Inicia a reprodución dunha presentación diapositiva a diapositiva.

  2. Configuración de presentación de diapositivas: Define a configuración para a presentación de diapositivas, incluído a diapositiva inicial, a maneira de avanzar das diapositivas, e as opcións do apuntador.

  3. Probar intervalos: Inicia a presentación de diapositivas cun cronómetro no canto inferior esquerdo.

  4. Interacción: Define o comportamento do obxecto seleccionado ao premer nel durante a presentación de diapositivas.

  5. Animación personalizada: Engade un novo efecto de animación ao obxecto seleccionado na diapositiva.

  6. Transición de diapositivas: Define o efecto especial que se reproduce ao mostrar unha diapositiva durante a presentación.

  7. Amosar diapositiva: Amosa unha diapositiva previamente ocultada.

  8. Ocultar diapositiva: Oculta unha diapositiva.

  9. Presentación personalizada de diapositivas: Abre unha caixa de diálogo para crear unha presentación personalizada de diapositivas.

Menú Xanela
Contén ordes para manipular e visualizar xanelas de documentos. O elemento Xanela da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Nova xanela: Abre unha nova xanela que mostra os contidos da xanela actual.

  2. Pechar xanela: Pecha a xanela actual.

  3. Amósanos o título do documento actual e a aplicación usada: Se tivésemos máis dun documento amosaríaos todos.

Menú Axuda

O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de LibreOffice. O elemento Axuda da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Axuda de LibreOffice: Aí ven toda a axuda.

  2. Que é isto: Activa as suxestións de axuda adicionais baixo o apuntador do rato ata que se volva premer. Ao pasar po riba das iconas da barra de ferramentas danos información sobre elas.

  3. Enviar comentario: Lévanos ao formulario dunha páxina web.

  4. Información sobra a licenza: Amosa o cadro de diálogo da licenza e da información legal.

  5. Créditos de LibreOffice: Amosa o documento CREDITS.odt no que se inclúe unha lista cos nomes dos colaboradores que contribuíron no código fonte de OpenOffice.org (e con contribucións importadas a LibreOffice) ou a LibreOffice dende 28-09-2010.

  6. Buscando actualizacións: Amosa un cadro de diálogo con opcións para descargar ou actualizar.

  7. Sobre LibreOffice: Mostra información xeral sobre o programa, como o número de versión e os copyrights.

Se queres podes ver o seguinte vídeo cun exemplo sinxelo de como crear unha presentación.

Tema Panorama porThemocracy