Instalar kde4

Feito o :28 Novembro 2010

-Tiña gañas de probar o desktop kde4 e despois de facelo a verdade é que quedei abraiado. Aí vaí o xeito en que o fixen.
Antes de nada, e para facer unha instalación o máis limpa posible, é mellor borrar o escritorio anterior, se partimos de kde farémolo do seguinte xeito:

 # aptitude remove –purge kde

Isto borra tódolos arquivos e enlaces de kde. Faríase do mesmo xeito para borrar gnome. Logo disto engadimos os seguintes repositorios ao noso sources.list, como xa sabedes atopase en /etc/apt/:

 deb http://www.debian-desktop.org/pub/linux/debian/kde42 lenny kde42
 deb-src http://www.debian-desktop.org/pub/linux/debian/kde42 lenny kde42

e despois baixámola chave dos repositorios de “debian-desktop” e engadímola do seguinte xeito:

 # wget http://www.debian-desktop.org/pub/linux/debian/debian-desktop.org.key
 # apt-key add ./debian-desktop.org.key

Actualizamos:

 # aptitude update

Para instalar a versión básica:

 # aptitude install kde4-minimal

Se querémola versión full:

 # aptitude install kde4

Non fun quen de facer a instalación nin dende a rama experimental (testing) nin dende a inestable (sid), as que pertence kde4, tiven que facelo dende a rama estable (lenny) xa que partindo dun sistema Debian en galego nun fun quen de resolvelas dependencias. Coa instalación dende a versión estable o paquete do idioma kde-i18n-gl, que é o do kde estable (3.5), non fai a mellor traducción posible. Tentei de arranxalo engadindo os repositorios experimentais, ao /etc/apt/sources.list, do seguinte xeito:

 deb http://ftp.es.debian.org/debian/ sid main non-free contrib
 deb-src http://ftp.es.debian.org/debian/ sid main non-free contrib

 deb http://ftp.us.debian.org/debian/ experimental main non-free contrib
 deb-src http://ftp.us.debian.org/debian/ experimental main non-free contrib

e despois:

 # aptitude update
 # aptitude install kde-l10n-gl

Como xa dixen non fun quen de resolvelas dependencias, nin cun:

  # aptitude -f install

De non vir da versión galega, se cadra, tería sido mellor engadir ao primeiro os repositorios experimentais, e facer directamente:

  # aptitude -t experimental install kde4
  # aptitude install kde-l10n-gl

Se queredes tamén podedes facela instalación dende un live Cd. Podedes baixar unha imaxe dende este link.

De calquera xeito aí vos deixo unha mostra. Espectacular, non ?.



E se non vos gusta o que vedes sempre podedes deixar todo como estaba:

 # aptitude remove –purge kde4
 # aptitude install kde

Referencias:
http://www.es.debian.org/index.es.html
http://pkg-kde.alioth.debian.org/kde4.html

Tema Panorama porThemocracy