Sobre min

Todo o que podo dicir de min é irrelevante, soamente subliñar que teño algúns coñecementos de bases de datos: MySQL, Interbase, Paradox, Access. Linguaxes de programación: Pascal, PHP, Delphi e Lazarus, aínda que Delphi e Lazarus son en realidade ámbitos de desenrolo baseados en Pascal.
Subliñar que como devoto incondicional de Debian podería ser considerado, só nese sentido, un pouco friki.
Así que, xa que non hai moitos blogues en galego, e menos de informática, este irá por aí.
Gústanme os deportes, especialmente o ciclismo, practícoo habitualmente, o motociclismo e o fútbol.
Quédame por dicir que estou farto da clase política que temos aquí, se cadra a que merecemos. Teño a impresión que na súa maioría usan Galicia como trampolín para medrar na politica española, aínda que eu aspiro a que calquera día destes acaben poñendo a par cos seus intereses os de Galicia.
Se cadra algunha vez falo de política. Lémonos.

Tema Panorama porThemocracy