Filtros de correo

Feito o :4 Febreiro 2012

– Imaxino que a maioría xa ten o seu propio método de filtrado, este só é un máis. A min vaime ben.
Ao primeiro filtro denomínoo SPAM, e vai eliminar calquera mensaxe marcada como tal polo servidor, a forma de facelo en Icedove ( Outlook,Thunderbird ou calquera outro cliente de correo é semellante, mesmo tería que servir para o correo baseado en web ), é ir a:
Ferramentas -> Filtros das mesaxes
Sae unha fiestra como a de abaixo, despois prememos no botón Novo.

Na seguinte fiestra pomos as regras. Con isto consigo que calquera mensaxe marcada como spam non sexa descargada do servidor.

Despois, por cada e-mail non desexado, fago un filtro coas seguintes regras:

Con isto o que fago é re-enviar, antes de borrar, o e-mail a quen mo enviou. No plano traseiro pódese ver a activación do filtro anterior.
Se a pesares de todo algún segue a molestar, o script que segue, pregunta cantos e-mails queremos envíar a esa dirección, se cadra, iso fará que a próxima vez lle entren dúbidas.

SCRIPT


Isto é todo. Lembrar que para recibir correo debemos dar a nosa dirección, o primeiro filtro debe ser saber a quen lla facilitamos.
Este script só ten fins didácticos. Executalo pode ser considerado spam. En España, o correo electrónico non solicitado está prohibido pola Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), publicada no BOE do 12 de xullo de 2002.

Licenza Creative Commons©

Tema Panorama porThemocracy