Tronzar/Xuntar/Convertir arquivos( Vídeos tamén )

Feito o :18 Xullo 2010

– Algunha vez tiveches que dividir un arquivo en varias pezas ?.
O comando Split serve para tronzar un arquivo en anacos de tamaño predeterminado.
Modo de emprego:

$split [opcion] [arquivo [prefixo]]

Onde:
-a, –suffix-length=N      Lonxitude do sufixo ( por omisión 2).
-b, –bytes=TAMAÑO     Escribe TAMAÑO de bytes en cada arquivo de saída.
-C, –line-bytes=BYTES Escribe un máximo de BYTES bytes sen cortar liñas.
-d, –numeric-suffixes     Usa sufixos numéricos en vez de alfabéticos
-l, –lines=NÚMERO      Pon NÚMERO de liñas en cada arquivo de saída.
–verbose               Da un diagnóstico na saída de erro antes de abrilo arquivo.
–help                    Mostra esta axuda e finaliza.
–version                Informa da versión e finaliza.

-m permite cachos de m Megas e -kb de kb Kilobytes. Arquivo é o nome do arquivo a tronzar e prefixo é o que se lle asignará ao arquivo de saída por defecto: xaa, xab,..,xan.
Exemplos:
Tronzar un arquivo de 3 Mb en tres cachos:
$ split -b 1m arquivo_enteiro.mp3
Saída:
xaa, xab, xac -> Son os nomes dos novos arquivos xerados por split.
$ split -b 1m arquivo_enteiro.mp3 sufixo-
Saída:
sufixo-aa,sufixo-ab,sufixo-ac
Se queres mellor unha saída con sufixos numéricos:
$ split -b 20m arquivo.avi -d arquivo-
Saída.
arquivo-00 arquivo-01
split foi probado con éxito en arquivos txt,avi e mp3. No serve con .pdf, para iso hai o comando pdftk.
Ollo co espazo no disco duro, split non comproba que acha espazo dabondo para os arquivos que xera.

Para xuntar arquivos de texto en Linux hai un comando chamado cat. Pois aínda que pareza incrible tamén soporta algúns formatos de video como: mpeg-1 e mpeg-2. Converter os vídeos a mpeg, xuntalos, e logo volvelos ao formato orixinal pode ser unha solución. Para converter formatos, o noso comando é, ffmpeg.

Para instalalo:
# aptitude install ffmpeg
Exemplos:
Converter un vídeo en formato mp4 a mpeg
$ ffmpeg -i video.mp4 -sameq video.mpeg
Converter tódo-los vídeos dun cartafol de formato mp4 a mpeg:
$ for x in ls *.mp4; do ffmpeg -x $x -sameq $x.mpeg; done
Xuntar os vídeos usando cat:
$ cat *.mpeg video2.mpeg > saida_video.mpeg
Volver o vídeo ao formato desexado:
$ ffmpeg -i saida_video.mpeg -sameq video_orixinal.avi

Outra opción é mencoder, que é un codificador de video para mPlayer que ademáis de codificar películas e copiar fluxos, ten un potente sistema de filtros (recortar, expandir, xirar, post-procesar, rotar, escalar, ruídos, conversión rgb/yuv).

Para instalalo:
# aptitude install mencoder

Xuntar vídeos:
$ mencoder -ovc copy -oac copy -idx -o video_completo.avi parte_1.avi parte_2.avi … parte_n.avi
Collería os vídeos: parte_1.avi, .., parte_n.avi e uniriaos nesa orde no arquivo video_completo.avi. A copia de audio (oac) e vídeo (ovc) sería unha copia da entrada sen codificación.

Se o son se desfasa témo-la seguinte opción:
$ mencoder -forceidx -oac copy -ovc copy video_completo.avi -o v_sonbon.avi

Copiar vídeos por anacos:
$ mencoder video1.avi -ss 01:00 -endpos 90 -ovc copy -oac copy -o part_video.avi
Copiaría dende o primeiro minuto do vídeo video_entrada.mpg e o arquivo de saída, part_video.avi, tería unha duración de 90 segundos.
$ mencoder entr_video.mpg -endpos 3mb -ovc divx4 -oac copy -o sal_video.mpg
Sen a opción -ss, copiaría o vídeo video_entrada.mpg dende o primeiro, tería unha duración de 3 MB, opción -endpos. O audio, opción oac, non se codificaría e o vídeo, opción ovc, codificaríase usando o codec divx.
Máis codecs:
Para vídeo, ovc:divx4, raw, lavc
Para audio, oac:pcm, mp3lame, lavc

Referencias:
man split
man mencoder
man ffmpeg
http://www.mplayerhq.hu/DOCS/HTML/es/menc-feat-fix-avi.html$menc-feat-appending.

Tema Panorama porThemocracy