Copia de Seguridade. Backup

Feito o :12 Febreiro 2013

Backup:

En informática, un backup é unha copia de seguridade coa funcionalidade de poder facer unha restauración dos datos cando se precise.

É importante ter en conta a cantidade de datos que imos gardar xa que do seu tamaño dependen os recursos que imos ter que asinar e o tempo que imos empregar. Decidir isto é o proceso máis complexo. Se copiamos moitos datos podemos esgotar a capacidade de almacenamento e se non copiamos datos dabondo podemos perder información crítica.

Existen moitas ferramentas con interfaz gráfica para facer backups, como: Amanda, BackupPc, Bacula, Simple Backup Solution, etc. A min parece moito máis doado facelas usando os comandos da consola con scripts propios.

Para este propósito temos os comandos tar e rsync. O primeiro serve para empaquetar arquivos: Máis sobre sobre o comando tar aquí. Mentres que o segundo, sincroniza arquivos minimizando a transferencia de datos. Mais sobre rsync. Imos ver uns exemplos para despois optar polo que máis se axuste a nosas necesidades.

Convén subliñar que antes de facer os backups é conveniente:

  • Baleirar o lixo.

  • Limpar a carpeta oculta aptitude cun aptitude clean, dende a liña de comandos.

  • Separar a copia do sistema da copia de datos persoais.

  • Parar todas as tarefas.

Backup con tar:

Este comando ven instalado por defecto, se non fose así:

# aptitude install tar

Agora abrimos o noso editor favorito e poñemos o seguinte:

#!/bin/bash

tar -czpvf /media/PB/backup.tar.gz –exclude=/media /home/user/cabotuet/

Con tar empaquetamos o contido de cabotuet no arquivo backup.tar.gz, que se atopa en PB que é un disco duro externo usb e exclumos os arquivos contidos en media.

Gardamos o arquivo. Eu chameille copy_dat. Para executalo hai que antepor ./ ao nome, tamén podemos crear un acceso directo no escritorio.

Hai que lembrarse de darlle permiso de execución o arquivo:

$ chmod a+x copy_dat

Backup con rsync:

Para instalalo:

# aptitude install rsync

A sintaxe para executalo dende a liña de comandos é:

$ rsync opcións orixe destino

Para copiar os datos do noso cartafol persoal teriamos que facer:

$ rsync av –delete /home/user/* /media/PB/backup

E se queremos automatizar os backups só temos que executar rsync dende cron: Administrador regular de procesos en segundo plano (demo) que executa procesos ou guións a intervalos regulares (por exemplo, cada minuto, día, semana ou mes). Os procesos que deben executarse e a hora na que deben facelo especifícanse no arquivo crontab. Máis sobre cron, aquí.

Para editar o arquivo:

$ crontab -e

Engadimoslle a seguinte liña:

0 6 * * * rsync av –delete /home/user/* /media/PB/backup

Neste caso o backup executaríase tódolos días as 6:00.

Antes de facer as copias de seguridade temos que asegurarnos que temos permisos para escribir no medio que imos usar para gardar as copias.

Se cadra, para un uso domestico tar resulta máis útil, mentres que para un entorno profesional é mellor rsync.

É obvio que tar tamén se pode usar co cron:

0 6 * * * tar -czpvf /media/PB/backup.tar.gz –exclude=/media /home/user/cabotuet/

E rsync con scripts bash:

#!/bin/bash

rsync -av –delete /home/user/* /media/PB/backup

Referencias:
Wikipedia.

Tema Panorama porThemocracy