Conectar impresoras e unidades de almacenamento ao porto USB do router

Feito o :22 Novembro 2011

Como conectar impresoras e unidades de almacenamento ao porto USB dun Router Comtrend AR-5387, un router inalámbrico con: 1 porto USB, 4 LAN e 1 WLAN, dos que adoitan a facilitar as compañias de telefonía aos seus clientes domésticos.
Antes de conectar a impresora ao porto e configurar o router temos que asegurarnos que a nosa impresora soporta o protocolo IPP (Internet Printing Protocol) 1.1 e que ten alimentación externa.
Como o router só ten un porto USB, para dispor das unidades de almacenamento, imos conectar ao porto USB do router un duplicador de portos ao que conectaremos unha impresora multifunción e un HD de 1 Tb.
Imos ao panel do router:
Para iso, abrimos o navegador e poñemos:http://192.168.1.1 (IP do meu router).

Necesitaremos o usuario e a contraseña. Se non a coñecemos pedímoslla o noso ISP, tamén nos pode indicar cal é a ip.
Se nos trabucamos ao facer as modificacións sempre podemos voltar aos valores por defecto, se non os lembramos, reseteando o router.
Xa estamos no panel de control e imos activar o servidor de impresión:
No menú, columna da esquerda, seleccionamos Advances Setup -> Print Server. Habilitámo-lo cadro de verificación “Enable on-board print server” e introduccimos o nome (Printer name) e o modelo (Make and model). Pulsamos o botón Apply/Save para gardar os cambios.

Agora imos agregar a impresora no PC, Para iso:

Agora aceptamos esta pantalla e despois todas que seguen.

Vemos, neste caso, que xa hai configurada unha impesora de serie, explicar a súa instalación non ten obxecto xa que en Debian, polo menos a miña HP en porto Usb, detéctaa e instala de xeito automático. Presionamos o botón “Engadir” e seleccionamos Impresora.

¡Importantisimo!, Seleccionar protocolo IPP e asegurarse de que o nome da impresora é aquí exactamente igual que no router.


Driver correspondente ao noso modelo de impresora, no meu caso HP.

Indica que o driver é compatible con hardware adicional que pode ser instalado na impresora.


Podemos imprimir a folla de proba agora ou facelo ao final.

Comprobamos de novo que o nome que lle demos á nosa impresora de rede e o mesmo co que lle demos no router.

En estado teñen que estar marcadas as 3 casiñas de verificación.

Tchan…, xa temos funcionando a impresora.

Configurar o disco duro é moito máis doado, só precisamos ter instalado o cliente samba, aquí:

Configurar servidor samba

hai un sinxelo manual que nos permite facelo. Isto vai permitir que podamos compartir o noso disco duro e a impresora en rede.
Conectamos o disco ao duplicador de portos USB, xa temos a impresora ocupando un, abrimos o navegador e conectámonos ao router, como fixemos coa impresora.
Unha vez dentro do router vamos a isto:

En Storage Service aparece descrito un volume, é o noso. Pois xa está, non hai máis que facer. Podemos habilitar un acceso ftp en:

Para acceder ao noso volume:





Iso é todo, dobre click, e listo.

Tema Panorama porThemocracy