Comprimir/Descomprimir arquivos

Feito o :18 Novembro 2010

-O xeito máis doado de comprimir arquivos en formato .rar, .zip, .bz2, .gz e .tar por nomear os máis coñecidos dende o entorno gráfico é:
Seleccionar o arquivo ou cartafol, enriba del picamos co botón dereito do rato, sairá un popup na fiestra, escollemos, a opción, o formato, e listo.
Para descomprimilos so tes que repetir o proceso anterior seleccionando a opción Extraer en, ou facer dobre click sobre o arquivo ou cartafol e decidir onde o extraes. A ferramenta que trae Debian para eses mesteres, chámase Ark. Para usar dende a liña de comandos Debian ten Tar.

Dende a liña de comandos:
Agora imos comprobar se temos instalado unzip, unrar, zip e rar , se non, instalámolos:

  # aptitude install unzip unrar zip
Subliñar que o paquete rar hai que baixalo dende: A páxina oficial de Debian.Para instalalo:
  # dpkg -i rar_3.8b3-1_i386.deb
Xa temos todo listo.

Arquivos tar:
Tar é un programa dunha soa especialidade. Seguindo a filosofía Unix de: “Fai só unha cousa [arquivar] pero faina ben”. Combina varios arquivos nun só sen comprimilos os datos, aínda que se poden comprimir usando primeiro Tar e logo un compresor para obter arquivos Tar comprimidos. En Sistemas Unix isto faise doadamente usando as opcións axeitadas de Tar e Gzip (.tar.gz), bzip2 (.tar.bz2) ou o compresor de preferencia.

Actividade Opción Exemplo
crear e listar un arquivo tar -c tar -cvf paquete.tar *
lista o contido -t tar -tvf paquete.tar
comprime como bzip2 -cj tar -cjvf paquete.tar.bz2 *
comprime como gzip -cz tar -czvf paquete.tar.gz *
extraer -x tar -xf paquete.tar
visualizar mentres extrae -xv tar -xvf paquete.tar
extraer bzip2 -xj tar -xjvf paquete.tar.bz2
extraer gz -xz tar -xzvf paquete.tar.gz

(*) Tódolos arquivos contidos nun cartafol.

Comprimir arquivos gz:
  # gzip -q /home/trisquel/arquivo.txt
Crea o arquivo de nome arquivo.txt.gz no cartafol /trisquel.
Descomprimir
  # gzip -d arquivo.txt.gz
Volve ao arquivo orixinal arquivo.txt

Comprimir arquivos bz2:
 # bzip2 /home/trisquel/arquivo.txt
Crea o arquivo de nome arquivo.txt.bz2 no cartafol /trisquel
Descomprimir:
 # bzip2 -d arquivo.txt.bz2
Volve ao arquivo orixinal, arquivo.txt

Comprimir arquivos zip:
  # zip arquivo.zip /home/trisquel/laz_cifras
Crea no cartafol /trisquel o arquivo de nome arquivo.zip que conten o cartafol /laz_cifras.
Descomprimir:
 # unzip arquivo.zip
Desempaqueta o cartafol /home/trisquel/laz_cifras contido en arquivo.zip, no cartafol actual.
Ollar:
 # unzip -v arquivo.zip
Mostra o contido do arquivo.zip.

Comprimir arquivos rar:
 # rar a arquivo.rar /home/trisquel/laz_cifras
Crea no cartafol /trisquel o arquivo de nome arquivo.rar que conten o cartafol /laz_cifras
Descomprimir:
 # rar x arquivo.rar
Desempaqueta o cartafol /home/trisquel/laz_cifras, contido en arquivo.rar, no cartafol actual.
Ollar:
  # rar v arquivo.rar
Mostra o contido do arquivo.

Crear arquivos iso:
 # dd if=/home/user/backtrack.tar.gz of=/home/user/kk.iso
Crea, partindo dun .tar.gz o arquivo kk.iso.

Referencia:
man

Tema Panorama porThemocracy