Categoría: Formula

LibreOffice. Math

commentarios
Feito o :30 Agosto 2012


Creative Commons ©

Fórmulas. Math

Math é o editor de fórmulas da suite LibreOffice, que se pode invocar nos seus documentos de texto, follas de cálculo, presentacións e debuxo, permitíndolle inserir fórmulas matemáticas e científicas en perfecto formato. As súas fórmulas poden incluír unha ampla gama de elementos, desde fraccións, termos con expoñentes e índices, integrais e funcións matemáticas, a desigualdades, sistemas de ecuacións e matrices.

Interfaz de Usuario

Elementos da Pantalla:

  1. Xanela de fórmulas: É o sitio onde se vai pór a fórmula.

  2. Elementos: Divídese en dúas partes, na de enriba están os elementos agrupados por categorías, na de abaixo están os símbolos correspondentes a cada categoría.

  3. Editor de fórmulas: É para escribir as ecuacións. Para crear as fórmulas usa unha linguaxe de marcas. Por exemplo para representar unha fracción faio con over.

Menú do Ficheiro

Estas ordes aplícanselle ao documento actual. O elemento Ficheiro da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Novo: Crea un novo documento para calquera das aplicacións de LibreOffice.

  2. Abrir: Abre unha formula.

  3. Documentos recentes: Amosa, e permítenos elixir, entre as últimas bases de datos ou documentos gardados.

  4. Asistentes: Ofrécennos axuda para confeccionar cartas, fax, presentacións, etc.

  5. Pechar: Pecha o documento actual.

  6. Gardar: Garda o documento actual.

  7. Gardar como: Garda o documento e danos a opción de escoller onde.

  8. Gardar todo: Garda todo sen preguntar.

  9. Recargar: Volve cargar o documento na última versión gardada.

  10. Versións: Permite manter varias versión dun documento.

  11. Exportar: Permítenos crear documentos html,xml,pdf, txt, etc.

  12. Enviar: Permite enviar documentos como e-mails, html, etc.

  13. Propiedades: Amósanos o tipo de documento, Localización, Tamaño, data de creación…

  14. Sinaturas dixitais: Serve para asinar un documento, para elo precisamos ter un certificado dixital.

  15. Imprimir: Iso.

  16. Configuración da impresora: Permítenos escoller a impresora, mudarlle as opcións e configurar a páxina que imos imprimir.

  17. Saír: iso.

Menú Editar

Este menú contén ordes para editar os contidos do documento actual. O elemento Editar da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Desfacer: Inverte a última orde ou a última entrada.

  2. Refacer: Anula desfacer.

  3. Cortar: Corta un obxecto previamente seleccionado.

  4. Copiar: Copia no portapaeis un obxecto previamente seleccionado.

  5. Pegar: Insire o contido do portapapeis.

  6. Seleccionar todo: Selecciona todo o contido do editor.

  7. Seguinte marcador: Move o cursor ata o seguinte marcador (á dereita). Os “marcadores” son marcadores de posición. Toman a forma de <?> na xanela Ordes.

  8. Marcador anterior: Move o cursor ata o marcador anterior (á esquerda).

  9. Seguinte erro: Move o cursor ata o seguinte erro (cara á dereita).

  10. Erro anterior: Move o cursor ata o erro anterior (cara á esquerda).

Menú Ver

Este menú contén ordes para controlar a presentación en pantalla do documento. O elemento Ver da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Actualizar: Esta orde actualiza a fórmula na xanela de documento. Os cambios na xanela de ordes son automaticamente actualizados se Actualizar automaticamente está activada.

O feito de marcar ou desmarcar estas opcións vai marcar o aspecto das ferramentas de LibreOffice.

  1. Barras de ferramentas: O feito de marcar ou desmarcar as distintas opcións vai definir que elementos se amosan na xanela principal.

  2. ………………………………

  3. Zoom: Serve para afastar ou acercar a páxina.

Menú Formato

Contén ordes para formatar o deseño das fórmulas.O elemento Formato da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Tipos de letra: Define os tipos de letra para as variábeis, funcións, números e texto que forman os elementos da fórmula.

  2. Tamaño de tipos de letra: Usa unha caixa de diálogo para especificar o tamaño base e os relativos, a: Texto, índices, funcións, operadores e límites, para a vosa fórmula. Escollido o tamaño de base todos os elementos da fórmula serán escalados en relación a esta base.

  3. Espaciamento: É para determinar o espazamento entre os elementos da fórmula, é unha porcentaxe en relación ao tamaño de base.

  4. Aliñamento: Esquerdo, dereito, centrado ou xustificado. Permite definir o aliñamento de fórmulas de varias liñas ou de varios elementos nunha única liña.

  5. Modo de texto: Activa ou desactiva o modo texto. As fórmulas móstranse en modo texto á mesma altura que a liña de texto.

Menú Ferramentas

Contén ferramentas de corrección e configuración.O elemento Ferramentas da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Catálogo: Abre a caixa de diálogo Símbolos, onde pode seleccionar un símbolo para inserilo na fórmula.

  2. Importar fórmula: Abre unha caixa de diálogo para importar fórmulas gardadas como ficheiros.

  3. Macros: As macros son grupos de instrucións usadas para automatizar tarefas. Dende aquí pódense gravar, organizar e executar macros, tamén se poden organizar diálogos.

  4. Xestor de extensións: Serve para engadir e atopar extensións. Pódense engadir, editar e retirar servidores MediaWiki, dicionarios, etc.

  5. Personalizar: Pódense personalizar as teclas de atallo e atribucións de macro. Tamén se poden gardar e cargar a configuración personalizada dos menús, das teclas de atallo e das barras de ferramentas.

  6. Opcións: Especifica propiedades para o obxecto seleccionado, gráfico ou marco para LibreOffice.

Menú Xanela

Contén ordes para manipular e visualizar xanelas de documentos. O elemento Xanela da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Nova xanela: Abre unha nova xanela que mostra os contidos da xanela actual.

  2. Pechar xanela: Pecha a xanela actual.

  3. Amósanos o nome do documento aberto. Se tivésemos máis dunha amosaríaas todas.

Menú Axuda

O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de LibreOffice. O elemento Axuda da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Axuda de LibreOffice: Aí ven toda a axuda.

  2. Que é isto: Activa as suxestións de axuda adicionais baixo o apuntador do rato ata que se volva premer. Ao pasar po riba das iconas da barra de ferramentas danos información sobre elas.

  3. Enviar comentario: Lévanos ao formulario dunha páxina web.

  4. Información sobra a licenza: Amosa o cadro de diálogo da licenza e da información legal.

  5. Créditos de LibreOffice: Amosa o documento CREDITS.odt no que se inclúe unha lista cos nomes dos colaboradores que contribuíron no código fonte de OpenOffice.org (e con contribucións importadas a LibreOffice) ou a LibreOffice dende 28-09-2010.

  6. Buscando actualizacións: Amosa un cadro de diálogo con opcións para descargar ou actualizar.

  7. Sobre LibreOffice: Mostra información xeral sobre o programa, como o número de versión e os copyrights.

Se queres ver un vídeo cun exemplo de math:

Tema Panorama porThemocracy