Categoría: draw

LibreOffice. Draw

commentarios
Feito o :30 Agosto 2012


Creative Commons ©

Debuxo. Draw

Draw é a ferramenta de debuxo de LibreOffice. Serve para facer diagramas e gráficos, e, é, un excelente paquete para producir debuxos técnicos, pósteres en xeral, e moito máis.

Pode manipular obxectos, coa capacidade de rotalos en dúas ou tres dimensións. O “Controlador 3D” dálle acceso a esferas, aneis, cubos e outros obxectos.

Pode gardar os gráficos en formato OpenDocument, o novo estándar internacional para os documentos.

Draw pode importar gráficos en todos os formatos de uso común (incluíndo BMP, GIF, JPEG, PNG, TIFF e WMF). Tamén permite exportar a formato Flash (.swf)

Interfaz de Usuario

Elementos da Pantalla:

  1. Páxina actual:Amosa o contido da páxina en uso.

  2. Paxinador: Amosa a serie das páxinas. Tamén permite engadir, renomear, eliminar copiar e pegar.

  3. Barras de ferramenta: Contén as funcións e utilidades máis usadas. Pódese personalizar

  4. Barra de debuxo: Contén ferramentas de edición usadas para debuxar. Pódese ver tamén nun documento de texto ou nunha folla de cálculo. Para seleccionar máis dun obxecto, hai que premer a tecla Maiúscula ao premer.

Menú do Ficheiro

Estas orde aplícanselle ao documento actual. O elemento Ficheiro da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Novo: Crea un novo documento para calquera das aplicacións de LibreOffice.

  2. Abrir: Abre unha presentación ou un documento gardado previamente.

  3. Documentos recentes: Amosa, e permítenos elixir, entre as últimas presentacións ou documentos gardados.

  4. Asistentes: Ofrécennos axuda para confeccionar cartas, fax, presentacións, etc.

  5. Pechar: Pecha o documento actual.

  6. Gardar: Garda o documento actual, a primeira vez pregunta onde o queremos gardar.

  7. Gardar como: Garda o documento e danos a opción de escoller onde.

  8. Gardar todo: Garda sen preguntar. Moi útil para ir gardando as presentacións segundo se van facendo.

  9. Recargar: Volve cargar a última versión gardada.

  10. Versións: Permite manter varias versión dun documento.

  11. Exportar: Permítenos crear documentos html,xml,pdf, txt, etc.

  12. Exportar como PDF: Crea un PDF a partir da presentación actual.

  13. Enviar: Permite enviar documento como e-mail, e-mail como presentación: OpenDocument ou PowerPoint ou e-mail como PDF.

  14. Propiedades: Amósanos o tipo de documento, Localización, Tamaño, data de creación…

  15. Sinaturas dixitais: Serve para asinar un documento, para elo precisamos ter un certificado dixital.

  16. Modelos: Deixa organizar e editar os nosos modelos, así como salvar o ficheiro actual como modelo.

  17. Previsualización no explorador web: Amósanos a presentación actual como páxinas web.

  18. Imprimir: Iso.

  19. Configuración da impresora: Permítenos escoller a impresora, mudarlle as opcións e configurar a páxina que imos imprimir.

  20. Saír: iso.

Menú Editar

Este menú contén ordes para editar os contidos do documento actual. O elemento Editar da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Desfacer: Inverte a última orde ou a última entrada escribiches.

  2. Refacer: O contrario de desfacer.

  3. Cortar: Corta un parágrafo, previamente seleccionado, nunha diapositiva.

  4. Copiar: Copia un parágrafo, previamente seleccionado, nunha diapositiva.

  5. Pegar: Pega un parágrafo previamente copiado ou cortado.

  6. Pegado Especial: Pega usando diferentes formatos. Permite escoller pegar o contido mediante unha caixa de diálogo.

  7. Seleccionar todo: Selecciona todo o contido dunha diapositiva.

  8. Atopar: Atopa, se existe, unha palabra ou frase determinada

  9. Atopar e substituír: Atopa e cambia unha palabra ou frase por outra proposta.

  10. Duplicar: Duplica parágrafos ou obxectos.

  11. Puntos: Permite activar ou desactivar puntos nun debuxo e modificalo.

  12. Puntos de pegado: Son puntos de conexión personalizados aos que poden anexar conectores, atópanse na barra de debuxo e son liñas que unen obxectos.

  13. Campos: Edita as propiedades dun campo inserido premendo nel dúas veces.

  14. Transición gradual: Crea formas e distribúeas en incrementos uniformes entre dous obxectos de debuxo.

  15. Eliminar diapositiva: Iso.

  16. Ligazóns: Permite editar e configurar as propiedades da ligazón seleccionada. Esta orde non está dispoñíbel se o documento actual non contén ligazóns a outros ficheiros.

  17. Complemento:É un compoñente que podemos crear e engadilo aos menús e barras de ferramentas de LibreOffice.

  18. Mapa de imaxe:Un mapa de imaxe é un marco de texto ou unha imaxe sensíbel a unha referencia.

  19. Obxecto:Un obxecto é un elemento de pantalla que contén datos. Pode referirse a datos do aplicativo, como texto, imaxes, son ou vídeo.

  20. Hiperligazón: É un enlace a unha páxina web ou a un ficheiro no sistema local.

Menú Ver

Este menú contén ordes para controlar a presentación en pantalla do documento. O elemento Ver da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

O feito de marcar ou desmarcar as distintas opcións vai definir que elementos se amosan na xanela principal de LibreOffice.

………………………………………………..

Zoom: Serve para afastar ou acercar a páxina.

Menú Inserir

O menú Inserir contén ordes para inserción de elementos novos no documento. Isto inclúe seccións, notas, notas a pé, comentarios, caracteres especiais, gráficos e obxectos doutros aplicativos.O elemento Inserir da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Diapositiva: Insire unha nova diapositiva debaixo da actual.

  2. Duplicar diapositiva: Fai unha copia exacta dunha diapositiva.

  3. Capa: Insire unha capa. As capas son divisións dos obxectos que semellan laminas superpostas e transparentes.

  4. Inserir punto/liña de axuste: Insire un punto ou unha liña de axuste (tamén chamada “guía”) coa cal se poden aliñar obxectos de xeito rápido. Os puntos e liñas de axuste non aparecen na saída de impresión.

  5. Campos: Igual que en Writer.

  6. Comentario: E unha nota para comentar aspectos que só serán visibles en tempo de deseño.

  7. Caracteres especiais: Esta función permite inserir caracteres especiais no texto, como marcas de verificación, caixas e símbolos.

  8. Marca de formato: Insire marcas especiais de formato para: Espazo sen quebras, guión irrompíbel ou guión opcional.

  9. Hiperligazón:Abre unha caixa de diálogo que permite crear e editar unha url, pode ser a unha páxina web, ou a un ficheiro.

  10. Imaxe: Insire unha imaxe dende un arquivo ou un escáner a selección actual.

  11. Táboa: Permite inserir unha táboa na diapositiva actual. Aplícaselle todo o que se dixo en Writer sobre táboas.

  12. Vídeo e son:Insire un ficheiro de vídeo ou audio na diapositiva actual.

  13. Obxecto: Insire un obxecto OLE, unha fórmula, unha extensión ou unha gráfica.

  14. Gráfica: Serve para comparar series de datos e observar as súas tendencias. Pódense inserir gráficas en follas de cálculo, documentos de texto, deseños e presentacións.

  15. Marco flotante: Insire un marco flotante no documento actual. Os marcos flotantes usanse en documentos HTML para amosar o contido doutro ficheiro.

  16. Ficheiro: Insire un ficheiro.

Menú Formato

Contén ordes para formatar o deseño e o contido de documentos.O elemento Formato da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Formatado predeterminado: É o formato por defecto.

  2. Carácter: Permite aplicarlle a un carácter ou a un parágrafo o tipo de letra, efectos de tipo de letra e posición.

  3. Parágrafo: Permite aplicar sangrías, aliñamentos e tabulacións.

  4. Víñetas e numeración: Permite viñetas, tipo de numeración, esquema e imaxes así como fixar a posición e diversas opcións.

  5. Páxina: Para os estilos do contido da diapositiva temos: Páxina e fondo.

  6. Modificar maiúsculas/minúsculas: Pon a maiúscula inicial, convirte maiúsculas a minúsculas e viceversa.

  7. Posición e tamaño: Permite redimensionar e rotar textos e obxectos.

  8. Liña: Opcións de formato para a liña ou a frecha seleccionadas ou que imos debuxar.

  9. Área: Sobre un obxecto

  10. Texto: Sobre un obxecto é posíbel aplicar: Área, sombra, transparencia, cores, gradacións, patróns de trazado e mapas de bits.

  11. Recortar imaxe: Úsase esta área para recortar ou escalar unha imaxe seleccionada ou para engadir un espazo en branco ao redor dela.

  12. Capa: Modifica as propiedades da capa seleccionada.

  13. Estilos e formatado: É unha xanela na que se organizan os estilos.

Menú Ferramentas

Contén ferramentas de corrección, unha galería de obxectos que podemos engadir ao documento, así como ferramentas para configuración de menús e configuración de preferencias do programa.O elemento Ferramentas da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Ortografía: A verificación ortográfica comeza na posición actual do cursor e avanza ata a fin do texto ou da selección. Tamén existe a posibilidade de continuar a verificación ortográfica a partir do inicio do texto.

  2. Idioma: Contén o submenú co: Dicionario de sinónimos, Guionización e Dicionarios en liña. Selecciona a linguaxe usada polo usuario para unha selección, un parágrafo ou todo o texto.

  3. Galería: Se marcamos esta opción amósanse, debaixo das barras de ferramentas, unha serie de obxectos para usar como:Fondos, sons, viñetas, etc.

  4. Substituír cores: Coa ferramenta pódense substituír cores en mapas de bits. Pode substituír ata catro cores simultaneamente. Tamén se pode utilizar a opción Transparencia para substituír as áreas transparentes dunha imaxe por unha cor.

  5. Macros: As macros son grupos de instrucións usadas para automatizar tarefas.

  6. Xestor de extensións: Serve para engadir e atopar extensións. Pódense engadir, editar e retirar servidores MediaWiki, dicionarios, etc.

  7. Configuración de filtros XML: Permite abrir o diálogo de configuración de filtro de XML. Pódense crear, editar e eliminar filtros de proba para importar e para exportar ficheiros de XML.

  8. Opcións de autocorreción: Permite corrixir erros de xeito automático.

  9. Personalizar: Pódense personalizar as teclas de atallo e atribucións de macro. Tamén se poden gardar e cargar a configuración personalizada dos menús, das teclas de atallo e das barras de ferramentas.

  10. Opcións: Especifica propiedades para o obxecto seleccionado, gráfico ou marco para LibreOffice.

Menú Modificar

Contén ordes para manipular e visualizar xanelas de documentos. O elemento Modificar da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Rodar: Permite rodar un obxecta a dereita ou a esquerda.

  2. Voltear: Voltea un obxecto de xeito vertical ou horizontal.

  3. Converter: Converte o obxecto seleccionado en: Curva, polígono, contorno, 3D, etc.

  4. Dispor: Muda a orde de amontoamento do obxecto seleccionado.

  5. Aliñamento: Muda o aliñamento do obxecto seleccionado.

  6. Distribución: Distribúe tres ou máis obxectos ao longo do eixo horizontal ou o eixe vertical. Tamén é posible distribuír uniformemente o espazamento entre obxectos.

  7. Descrición: Atribúe un título e unha descrición para o obxecto seleccionado.

  8. Nome: Asigna un nome para o obxecto seleccionado.

  9. Agrupar: Pode combinar varios obxectos nun grupo para que funcionen como un único obxecto.

  10. Desagrupar: Rompe o grupo seleccionado en obxectos individuais.

  11. Entrar no grupo: Combina varios obxectos nun grupo para que funcionen como un único obxecto.

  12. Saír do grupo: Sae do grupo. Non se poden editar os obxectos individuais do grupo.

  13. Combinar: Combinar obxectos de debuxo é semellante a agrupar obxectos, a diferenza é que non pode entrar no grupo para editalos individualmente.

  14. Dividir: Divide un obxecto combinado en obxectos individuais. Os obxectos resultantes teñen as mesmas propiedades de liña e recheo que o obxecto combinado.

  15. Formas: Crea unha forma a partir de dous ou máis obxectos seleccionados.

  16. Conectar: Crea unha liña ou unha curva de Bézier que conecta liñas, curvas de Bézier e/ou obxectos. Os obxectos pechados con recheo convértense en liñas e perden os seus recheos.

  17. Quebrar: Separa liñas unidas ca orde Conectar.

Menú Xanela

Contén ordes para manipular e visualizar xanelas de documentos. O elemento Xanela da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Nova xanela: Abre unha nova xanela que mostra os contidos da xanela actual.

  2. Pechar xanela: Pecha a xanela actual.

  3. Amósanos o título do documento actual e a aplicación usada: Se tivésemos máis dun documento amosaríaos todos.

Menú Axuda

O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de LibreOffice. O elemento Axuda da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Axuda de LibreOffice: Aí ven toda a axuda.

  2. Que é isto: Activa as suxestións de axuda adicionais baixo o apuntador do rato ata que se volva premer. Ao pasar po riba das iconas da barra de ferramentas danos información sobre elas.

  3. Enviar comentario: Lévanos ao formulario dunha páxina web.

  4. Información sobra a licenza: Amosa o cadro de diálogo da licenza e da información legal.

  5. Créditos de LibreOffice: Amosa o documento CREDITS.odt no que se inclúe unha lista cos nomes dos colaboradores que contribuíron no código fonte de OpenOffice.org (e con contribucións importadas a LibreOffice) ou a LibreOffice dende 28-09-2010.

  6. Buscando actualizacións: Amosa un cadro de diálogo con opcións para descargar ou actualizar.

  7. Sobre LibreOffice: Mostra información xeral sobre o programa, como o número de versión e os copyrights.

Aquí hai un vídeo cun exemplo de Draw

Tema Panorama porThemocracy