Categoría: calc

Libre Office. Calc

commentarios
Feito o :30 Agosto 2012


Creative Commons ©

Folla de Cálculo. Calc

Unha folla de cálculo éunha aplicación que permite manipular datos dispostos en xeito de filas e columnas organizadas por celas. A cela é a unidade básica de información. Pódese dicir que cada cela é unha calculadora. Cada folla de Calc ten algo máis dun millón de filas e 1024 columnas.

Interfaz de Usuario

Ao igual que Writer, Calc ten a maioría de comandos nas barras de ferramentas, estas, xunto co menú e o pé de páxina, xa foron descritas para Writer.

Elementos da Pantalla:

  1. Cela activa: É a cela en uso. Unha cela pode conter un texto, un número, unha data ou unha fórmula. Identifícanse polo número da fila e a letra da columna. Cando se modifica o valor dunha cela todas as que fagan operacións con ela quedarán actualizadas de xeito automático.

  2. Caixa de nome:Amosa o nome da cela activa. Tamén permite agrupar un conxunto de celas baixo dun nome.

  3. Liña de entrada: Amosa o contido da cela activa.

  4. Columnas: Son referencia vertical na identificación das celas, veñen identificadas por unha letra.

  5. Filas:Son a referencia horizontal. Veñen identificadas por un número.

  6. Folla activa:É a folla en uso, Unha Folla de Cálculo esta formada por un conxunto de follas. O que en Excel se coñece como un Libro.

Menú do Ficheiro

Estas orde aplícanselle ao documento actual. O elemento Ficheiro da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Novo: Crea un documento novo para calquera das aplicacións de LibreOffice.

  2. Abrir: Abre unha folla gardada previamente.

  3. Documentos recentes: Amosa, e permítenos elixir, entre os últimos documentos gardados.

  4. Asistentes: Ofrécennos axuda para confeccionar cartas, fax, presentacións, etc.

  5. Pechar: Pecha a Folla de cálculo actual.

  6. Gardar: Garda a Folla de cálculo actual, a primeira vez pregunta onde a queremos gardar.

  7. Gardar como: Garda a Folla de cálculo e danos a opción de escoller onde.

  8. Gardar todo: Garda sen preguntar. Moi útil para ir gardando o documento de traballo.

  9. Recargar: Volve cargar a Folla de cálculo na última versión gardada.

  10. Versións: Permite manter varias versión dunha Folla de cálculo .

  11. Exportar: Permítenos crear documentos html,xml,pdf, txt, etc.

  12. Exportar como PDF: Crea un PDF a partir da Folla de cálculo actual.

  13. Enviar: Permite enviar Follas de cálculo como e-mails, html, etc.

  14. Propiedades: Amósanos o tipo da Folla de cálculo, Localización, Tamaño, data de creación…

  15. Sinaturas dixitais: Serve para asinar unha Folla de cálculo, para elo precisamos ter un certificado dixital.

  16. Modelos: Deixa organizar e editar os nosos modelos, así como salvar o ficheiro actual como modelo.

  17. Previsualización no explorador web: Amósanos a Folla de cálculo actual como unha páxina web.

  18. Previsualización de páxina: Permítenos ver as páxinas como van saír na impresora.

  19. Imprimir: Iso.

  20. Configuración da impresora: Permítenos escoller a impresora, mudarlle as opcións e configurar a páxina que imos imprimir.

  21. Saír: iso.

Menú Editar

Este menú contén ordes para editar os contidos do documento actual. O elemento Editar da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Desfacer: Desfai a última acción.

  2. Refacer: O contrario de desfacer.

  3. Repetir: Repite a última entrada.

  4. Cortar: Corta o contido dunha cela. Usando a tecla F2 permite seleccionar.

  5. Copiar: Copia o contido dunha cela.

  6. Pegar: Pega o contido dunha cela previamente copiado ou cortado.

  7. Pegado Especial: Pega formatos especiais.

  8. Seleccionar todo: Selecciona toda a folla.

  9. Cambios: Refire o xeito de gravar, protexer, aceptar ou rexeitar cambios na folla.

  10. Compara documentos:Compara documentos distintos.

  11. Atopar:Atopa, se existe, unha palabra ou frase determinada

  12. Atopar e substituír:Atopa e cambia o contido dunha ou máis celas. Ollo!, se prememos no botón substituír todo cambia tamén as celas relacionadas.

  13. Cabeceiras e rodapés: Define o formato da cabeceira e do pé de páxina.

  14. Encher: Especifica as opcións para transferir follas. Esta orde só é visíbel seleccionando dúas follas, para iso tes que premer a tecla Control mentes premes co rato na folla.

  15. Eliminar contido: Especifica os contidos para ser eliminados desde a cela activa ou dende un rango. Se hai máis dunha folla seleccionada tamén será afectada.

  16. Eliminar celas: Move celas para arriba, para esquerda e elimina filas ou columnas enteiras.

  17. Folla: Move ou copia follas na folla de cálculo actual ou nunha nova. Tamén selecciona e elimina follas.

  18. Borrar a quebra de páxina: Elimina unha quebra de páxina manual previamente inserida.

  19. Ligazóns: Permite editar e configurar as propiedades da ligazón seleccionada.

  20. Complemento: É un compoñente que podemos crear e engadilo aos menús e barras de ferramentas de LibreOffice.

  21. Mapa de imaxe: Un mapa de imaxe é un marco de texto ou unha imaxe sensíbel a unha referencia.

  22. Obxecto: Un obxecto é un elemento de pantalla que contén datos. Pode referirse a datos do aplicativo, como texto ou imaxes.

Menú Ver

Este menú contén ordes para controlar a presentación en pantalla do documento. O elemento Ver da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

O feito de marcar ou desmarcar as distintas opcións vai definir que elementos se amosan na xanela principal de LibreOffice.

Realce de valor: Amosa o contido de cela en cores diferentes dependendo do tipo. Texto en negro, fórmulas en verde e números en azul. Ollo!, cando esta orde está activa ningunha cor se mostra ata que se desactive a función.

………………………………………………….

Zoom:Serve para afastar ou acercar a páxina.

Menú Inserir

O menú Inserir contén ordes para inserción de elementos novos no documento. Isto inclúe seccións, notas, notas a pé, comentarios, caracteres especiais, gráficos e obxectos doutros aplicativos.O elemento Inserir da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Quebra de páxina: Insire unha quebra de liña manual, de columna ou de páxina na posición actual do cursor.

  2. Cela: Insire unha nova cela, fila ou columna na posición seleccionada

  3. Filas: Insire unha nova fila.

  4. Columnas: Insire unha nova columna.

  5. Folla: Insire unha folla antes ou despois da actual.

  6. Folla desde ficheiro: Insire unha folla desde un ficheiro existente á folla actual.

  7. Ligar a datos externos: Crea un enlace cun documento HTML, Calc ou Excel á folla actual.

  8. Caracteres especiais: Insire caracteres especiais dente as fontes instaladas.

  9. Marca de formato: Permítenos tres marcas: Espazo sen quebras, guión irrompíbel e guión opcional.

  10. Hiperligazón:Abre unha caixa de diálogo que permite crear e editar unha url, pode ser a unha páxina web, un documento ou a unha parte do propio documento.

  11. Función: Abre un asistente que permite inserir unha función dende unha lista dada.

  12. Lista de funcións: Da unha lista de funcións clasificadas por tipos. Última utilización, todas, base de datos, etc.

  13. Nomes: Define un nome para unha área seleccionada nun ámbito determinado.

  14. Comentario:É unha nota ao marxe dunha cela.

  15. Imaxe: Insire unha imaxe dende un arquivo ou un escáner a selección actual.

  16. Vídeo e son: Insire un ficheiro de vídeo ou audio na posición actual.

  17. Obxecto: Insire un obxecto OLE, unha fórmula, unha extensión ou unha gráfica.

  18. Grafica: Abre o asistente para crear unha gráfica a partir dunha area de datos seleccionada previamente.

  19. Marco flotante: Insire un marco flotante na folla actual. Os marcos flotantes son utilizados en documentos de HTML para mostrar os contidos doutro ficheiro.

Menú Formato

Contén ordes para formatar o deseño e o contido de documentos.O elemento Formato da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Limpar formatado directo: Formatar sen estilos é considerado como directo. Nese caso, para modificar o contido das celas, é preciso aplicar os atributos directamente. O formato aplícase unicamente á área seleccionada.

  2. Celas: Amosa opcións de formato para o contido da cela ou celas seleccionadas.

  3. Fila: Determina a altura, altura ideal e amosa e oculta filas.

  4. Columna: Igual ca fila pera para columnas.

  5. Folla: Permite cambiar a cor da lapela da folla, cambiarlle o nome, ocultala e amosala.

  6. Combinar celas: Permite combinar as celas seleccionadas nunha soa coa opción de centrar o contido.

  7. Páxina: Para o estilo de páxina predeterminado temos: Organizador, páxina, bordos, fondo, cabeceira, rodapé e folla.

  8. Intervalos de impresión: Xestiona rangos de impresión. Só as células dentro dos rangos serán imprimidas. Hai a posibilidade de repetir filas e columnas.

  9. Carácter: Cambia as fontes para os caracteres/díxitos seleccionados. F2 edita o contido da cela.

  10. Parágrafo: Permite tabulacións, maiúsculas capitulares, bordos, fondo, sangrías e espazamentos, aliñamento, fluxo de texto e esquema e numeración de parágrafos.

  11. Modificar maiúsculas/minúsculas: Pon a maiúscula inicial, convirte maiúsculas a minúsculas e viceversa, pon maiúscula inicial a cada palabra e troca maiúsculas e minúsculas.

  12. Estilos e formatado: Especifica se a xanela estilos e formatado debe mostrarse ou ocultarse. Nela atribúense e organízanse os estilos.

  13. Formato automático: Aplica o Formato automático a unha área seleccionada da folla ou define as súas propias opcións de Formato automático.

  14. Formatado condicional: Define un tipo de formato segundo unhas condicións, máximo tres.

  15. Ancorar: Aplicase aos obxectos. Pode ser a paxina ou a cela.

  16. Aliñamento: Esquerdo, dereito, centrado ou xustificado.

  17. Dispor: Cada obxecto que se coloque no documento irase amontoando sobre o obxecto anterior.

  18. Voltear: Voltea o obxecto seleccionado de xeito vertical ou horizontal.

  19. Agrupar: Agrupa ou desagrupa obxectos.

  20. Gráfico: Permite dar formato a un gráfico.

  21. Control: Abre unha caixa de diálogo para editar as propiedades dun control previamente seleccionado.

  22. Formulario: Edita as propiedades dun formulario.

Menú Ferramentas

Contén ferramentas de corrección, unha galería de obxectos que podemos engadir ao documento, así como ferramentas para configuración de menús e configuración de preferencias do programa.O elemento Ferramentas da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

1) Ortografía: Comproba o documento ou a selección actual para corrixir erros. A verificación ortográfica comeza na posición actual do cursor e avanza ata a fin do documento ou da selección. Tamén existe a posibilidade de continuar a verificación ortográfica a partir do inicio do documento

2) Idioma: Selecciona a linguaxe usada polo usuario para unha selección, un parágrafo ou todo o texto.

3) Detective: Co Detective, pódense localizar as dependencias dende a cela da fórmula actual as celas na folla estendida. Rastrexa e retira dependencias, rastrexa erros e rastros, etc.

4) Busca de obxectivo: Abre unha caixa de diálogo cuxa configuración determinada é: Unha cela de fórmula, un valor de destino e unha cela cunha variábel. Coa axuda do recurso Busca de obxectivo, pódese calcular un valor que, por formar parte dunha fórmula, conduce ao resultado especificado para a fórmula. Por tanto, para definir a fórmula hai que utilizar varios valores fixos, un valor variábel e o resultado da fórmula.

5) Resolvedor: Traballa con modelos de simulación. O obxectivo é atopar os valores das variables dunha ecuación que resulta un valor óptimo na cela obxectivo. Pódese escoller o valor da cela de destino que debe ser, un máximo, un mínimo, ou un determinado valor. Tamén se coñece como Solver. Os valores iniciais das variables insírense nun intervalo de celas rectangular as que se lle poden aplicar unha serie de condicións chamadas restricións.

6)Escenarios: Permiten crear listas de valores seleccionados nun rango específico. O contido das celas modifícase ao seleccionar varios elementos da lista. Para saber que valores do escenario afectan a outros valores: Ferramentas >> Detective >> Rastrexar dependentes. Sairán frechas ata as celas dependentes da cela activa.

7) Compartir documento: Permite compartir a folla con outros usuarios.

8 ) Fusionar documento: Permite a fusión de varios documentos.

9) Protexer documento: Protexe a folla ou o documento cunha chave.

10) Contido de cela: Por omisión, Calcular automaticamente e Entrada automática.

11) Galería: Se marcamos esta opción amósanse, debaixo das barras de ferramentas, unha serie de obxectos para usar como:Fondos, sons, viñetas, etc.

12) Macros: As macros son grupos de instrucións usadas para automatizar tarefas.
14) Xestor de extensións: Serve para engadir e atopar extensións. Pódense engadir, editar e retirar servidores MediaWiki, dicionarios, etc.

15) Configuración de filtros XML: Permite abrir o diálogo de configuración de filtro de XML. Pódense crear, editar e eliminar filtros de proba para importar e para exportar ficheiros de XML.

16) Opcións de autocorreción: Permite corrixir erros de xeito automático.

17) Personalizar: Pódense personalizar as teclas de atallo e atribucións de macro. Tamén se poden gardar e cargar a configuración personalizada dos menús, das teclas de atallo e das barras de ferramentas.

18) Opcións: Especifica propiedades para o obxecto seleccionado, gráfico ou marco para LibreOffice.

Menú Datos

O elemento Datos da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Definir intervalo: Serve para nomear un rango de celas.

  1. Seleccionar intervalo: Selecciona un intervalo previamente definido.

  1. Ordenar: Clasifica un intervalo seleccionado en función duns determinados criterios.

  2. Filtro: Especifica as condicións lóxicas para filtrar os datos da táboa.

  3. Formulario: Crea un formulario para introducir, ou editar, datos na folla.

  4. Subtotais: Calcula subtotais para columnas seleccionadas.

  5. Validar: Especifica as regras de validación para as celas seleccionadas.

  6. Operacións múltiplas: Aplícase a mesma fórmula de celas diferentes, pero con valores de parámetros diferentes.

  7. Texto a columnas: Abre a caixa de diálogo texto columnas, onde inserir os axustes para ampliar o contido de celas seleccionadas para varias celas.

  8. Consolidar: Combina con datos de un ou máis intervalos de cela independentes e calcula un novo intervalo usando a función que se especifica.

  9. Grupo e esquema: Permite crear esquemas agrupando e desagrupando filas e columnas.

  10. Táboa dinámica: Permite crear, actualizar ou eliminar unha grande cantidade de datos. Temén son coñecidas como Piloto de datos.

  11. Actualizar intervalo: Actualizacións un intervalo de datos que se insire a partir de unha base de datos externa. Os datos da folla actualízanse cos datos da base de datos externa.

Menú Xanela

Contén ordes para manipular e visualizar xanelas de documentos. O elemento Xanela da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Nova xanela: Abre unha nova xanela que mostra os contidos da xanela actual.

  2. Pechar xanela: Pecha a xanela actual.

  3. Dividir: Divide a xanela actual.

  4. Conxelar: Se temos filas ou columnas de datos longas que se saian da área visible da folla de cálculo, pódense conxelar. Desta maneira, é posible ver as filas ou as columnas mentres nos desprazamos polo resto dos datos.

  5. Amósanos o título do documento actual e a aplicación usada: Se tivésemos máis dun documento amosaríaos todos.

Menú Axuda

O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de LibreOffice. O elemento Axuda da Barra do Menú contén as seguintes opcións:

  1. Axuda de LibreOffice: Aí ven toda a axuda.

  2. Que é isto: Activa as suxestións de axuda adicionais baixo o apuntador do rato ata que se volva premer. Ao pasar po riba das iconas da barra de ferramentas danos información sobre elas.

  3. Enviar comentario: Lévanos ao formulario dunha páxina web.

  4. Información sobra a licenza: Amosa o cadro de diálogo da licenza e da información legal.

  5. Créditos de LibreOffice: Amosa o documento CREDITS.odt no que se inclúe unha lista cos nomes dos colaboradores que contribuíron no código fonte de OpenOffice.org (e con contribucións importadas a LibreOffice) ou a LibreOffice dende 28-09-2010.

  6. Buscando actualizacións: Amosa un cadro de diálogo con opcións para descargar ou actualizar.

  7. Sobre LibreOffice: Mostra información xeral sobre o programa, como o número de versión e os copyrights.

Aquí tedes un vídeo sobre Calc.

Tema Panorama porThemocracy