Categoría: Maqetta, editor WYSIWYG para HTML5

Maqetta, editor WYSIWYG para HTML5

commentarios
Feito o :31 Maio 2011

Maqetta é un editor WYSIWYG deseñado para editar documentos en HTML5 e elaborar aplicacións web.
Desenvolvido por IBM, presentouse na conferencia IBM Impact 2011. Posteriormente, IBM doou o proxecto á Dojo Foundation como un proxecto de software libre e de código aberto.
O editor foi desenvolvido para contar cunha ferramenta de desenvolvemento para HTML5 comparable ás dispoñibles para Adobe Flash e Microsoft Silverlight.


Instalación e Posta en marcha de Maqetta de xeito local en Linux:

Maqetta funciona mellor en Chrome, Firefox-4 e Safari. E é moi importante facer unha instalación limpa.
Antes de instalar unha nova versión Maqetta, imos pechar e reiniciar o navegador e limpar a caché. Estas medidas probablemente non sexan necesarias na maioría dos casos, pero é recomendable, sobre todo, para aqueles que utilizaron versións anteriores de Maqetta.

Instrucións para limpar cachés

Borrar a caché do navegador e o seu “AppCache” (almacenamento fóra de liña):
Chrome:
-Click na icona de ferramentas e seleccionar “Preferences”. Isto abrirá unha nova pestana no navegador:
-Facer click no hipervínculo “Under the Hood”.
-Borrar a caché: Dende “Under the Hood”, facer clic en “Clear Browsing Data” ( Eliminar datos de navegación ). No cadro de diálogo que segue, asegúrese de que “Empty the cache” (Baleirar o caché) está marcada. Pulsar o botón “Clear Browsing Data”.
– Borrar AppCache (almacenamento fóra de liña): Facer click en “Content Settings…” para que apareza o cadro de diálogo de configuración de contidos. En “cookies”, facer click en “Allow local data to be set (recommended)” e pechar Content Settings. En “Buscar”, escribir o nome do servidor desde o que se executa Maqetta. Se está instalado localmente, escribir “localhost”. Se se executa fóra de http://maqetta.org, a continuación, escribir “maqetta”. Se existe unha entrada denominada “Aplicación cachés”, seleccionar na opción “Solicitude de cachés” o tema que corresponde ao servidor Maqetta, e facer click no botón “Eliminar” na parte inferior.
Firefox
-Borrar a caché: En “Ferramentas” facer click en “Limpar agora “.
-Borrar AppCache: En “Preferencias -> Opcións avanzadas -> Rede -> “debaixo de:” Os seguintes sitios web almacenaron datos para o seu uso sen conexión”. Ver se o servidor que alberga Maqetta está na lista. Se se instalou localmente, o servidor é “localhost”. Se o servidor Maqetta está na lista, seleccionar e a continuación click en “Eliminar” (e logo “Borrar datos en liña”).
Safari
– (Só Mac) Baixo o menú “Safari”, invocar a “caché baleira …” comando para borrar tanto o caché do navegador como o caché da aplicación.

Instrucións para instalar e executar localmente.

Comprobe que ten Java, versión 5 (JRE 1.5), ou superior, instalada na súa máquina.
Dende a liña de comandos:

# java -version

Isto permitiralle coñecer se dispón da versión axeitada.
Baixar dende maqetta.org o arquivo maqetta-xxxxx-xx.zip e descomprimilo no cartafol $HOME, isto vai crear un cartafol de nome maquetta-preview, dámoslle permisos de execución:

$ chmod +x maqetta-preview -R

e xa temos o editor instalado, mudámonos alí:

$ cd maqetta-preview

e o executa-la shell:

$ sh maqetta.local.unix.sh

porase en marcha o servidor local Maqetta e amosará a seguinte mensaxe:
!!!!!!!!!!!!!!
NOTE: CLOSING THIS WINDOW WILL
STOP THE MAQETTA SERVER PROCESS
!!!!!!!!!!!!!
Using jar: ./plugins/org.eclipse.equinox.launcher_1.1.1.R36x_v20101122_1400.jar
Using directory: /home/anxo/maqetta/users
Start your browser at: http://localhost:50000/maqetta
osgi>

Só queda lanzar o navegador co: http://localhost:50000/maqetta-preview.
Isto é un pequeno exemplo das súas posibilidades:

O servidor Maqetta continuará funcionando ata que se peche a fiestra de comandos. Unha vez peche a fiestra da shell, o servidor deixará de funcionar. Como xa notarían o editor Maqetta pódese usar en xeito local ou en xeito servidor.

Licenza Creative Commons©

Tema Panorama porThemocracy