Categoría: Debian. Posta a punto

Debian. Posta a punto

commentarios
Feito o :16 Febreiro 2011

– Unha vez instalado o sistema operativo hai que poñelo a punto. Imos facelo para arquitecturas de 64 bits, con isto cubrímo-la de 32 bits tamén. O primeiro que fago despois de instalar un sistema Debian é instalar os paquetes: Alien, Synaptic, Gdebi, Sudo e Linux-headers dende os repositorios oficiais:
# aptitude install alien
Alien permite converter paquetes .rpm en .deb, e viceversa, tarde ou cedo vainos facer falta.
# aptitude install synaptic
Synaptic é un entorno gráfico que serve para manexar repositorios e paquetes.
# aptitude install gdebi
Gdebi permite instalar paquetes individuales .deb premendo co botón dereito do rato enriba do paquete.
# aptitude install sudo
Sudo permítelle a calquer usuario executar aplicacións con privilexios de root. Unha vez instalado sudo temos que editar o arquivo /etc/sudoers, engadirlle ao final nome_usuario ALL=(ALL) ALL e gardar as modificacións.
# aptitude install build-essential
Serve para compilar programas.
# aptitude install linux-headers-$(uname -r)
Linux-headers serve para compilar módulos para o kernel e para drivers.

Despois descargamos a derradeira versión do plugin Flash Player, o tar.gz, para Linux 64 bits se fose o caso, dende a páxina de Adobe:
Descomprimímolo:
# tar xvf install_flash_player_10_linux.tar.gz
Contén un arquivo chamado libflashplayer.so que temos que copiar no directorio: /usr/lib/mozilla/plugins/. Ou onde estea /mozilla/plugins.
# cp libflashplayer.so /usr/lib/mozilla/plugins/
Xa podemos dispor da tecnoloxía Flash no noso navegador.
# aptitude install mozilla-plugin-vlc
Listo, o noso navegador xa pode visualizar vídeos.

Agora imos instalar a derradeira versión da máquina virtual Java.
Descargámola dende aquí:
Eliximos a opción Linux x64, que é un executable .bin. Eu acostumo a instalalo no cartafol /opt. Copiamos alí o programa:
# cp jre-*-linux-x64.bin /opt
Mudamos o cartafol /opt:
# cd /opt
Dámoslle permisos de execución:
# chmod +x jre-*
Instalamos o programa:
# ./jre-*-linux-X64.bin
Borramos o executable:
# rm jre-*
Agora temos que crear un enlace o plugin libnpjp2.so que se atopa en:/opt/jre1.6.0_23/lib/amd64/. Nas arquitecturas de 32 bits chámase libpluginjava_oji.so.
Imos o cartafol /usr/lib/mozilla/plugins:
# cd /usr/lib/mozilla/plugins
Creamos o enlace:
# ln -s /opt/jre*/lib/amd64/libnpjp2.so

Listo. os navegadores Iceweasel, baseado en Firefox pero máis rápido, Konqueror e Epiphany, os que trae por defecto Debian xa están a punto.

Ata hai pouco, os plugins para navegadores de 64 bits en sistemas x86_64 Linux foron máis ben escasos. O uso de nspluginwrapper permite usar plugins 32 bits, e nativos se se dispón deles, en arquitecturas de 64 bits.
Imos ver de descargalo: e instalalo:
# dpkg -i nspluginwrapper_1.3.0-1_amd64.deb
Isto crea algunhas dependencias:

Imos arranxalo:
# aptitude install ia32-libs ia32-libs-gtk lib32gcc1 libc6-i386
Arranxado.
Un par de exemplos:
Despois de instalar nspluginwrapper, instalamos o Adobe Reader 32 bits, entón temos que correr na liña de comandos o seguinte:
# nspluginwrapper -i /opt/Adobe/Reader8/Browser/intellinux/nppdf.so
Se instalamos noutro sitio o Adobe, hai que trocar o camiño.
Para o plugin Flash Player de 32 bits, dende o cartafol onde o teñamos:
# nspluginwrapper -i /usr/lib/mozilla/plugins/libflashplayer.so
Do mesmo xeito que co Adobe, hai que trocar o camiño, se fose o caso.
Outro exemplo de aplicación de 32 bits é Skype:
Imos descargalo dende a páxina oficial e darlle permisos de execución:
# chmod +x skype*
Instalamos as librerías de 32 bits necesarias.
# aptitude install ia32-libs ia32-libs-gtk libqt4-core libqt4-gui
Forzamos a instalación
# dpkg -i –force-architecture skype*.deb

Por último imos coa tarxeta da rede inalámbrica. Ata de agora nunca tiven atrancos con ela, pero teño lido que as veces hainos. Primeiro imos pescudar cal temos:
# lspci
Isto vainos dar un informe detallado de todos os dispositivos pci do noso ordenador, o que busco é:
06:00.0 Network controller: Intel Corporation PRO/Wireless 3945ABG [Golan] Network Connection (rev 02)
Esta é a identificación da miña tarxeta de rede. Agora vou a páxina web do driver, iwlwifi-3945-ucode-15.32.2.9, e o baixo. Lembrar que isto só serve para esta tarxeta. Descomprimímolo e instalámolo:
# cp iwlwifi-3945-2.ucode /lib/firmware
Xa está configurada a tarxeta de rede.
O firmware é un software integrado no dispositivo polo que en parte tamén é hardware. É o interfaz entre as ordes externas que recibe e a súa electrónica, xa que é o encargado de controlar que se executen correctamente ditas ordes. Máis sobre o firmware, aquí.
Para sacarlle o máximo partido ao firmware privativo convén instalar o paquere firmware-linux-nonfree:
# aptitude install firmware-linux-nonfree

Finalmente, son e vídeo. É posible que acha que facer algún troco, eu adoito a instalar, se non se instalaron por defecto, smPlayer e Vlc. Tamén hai que ter en conta as características propias de cada tarxeta, e se fose o caso instalar os drivers correspondentes. Despois prememos na icona do son da barra de tarefas, abrímolo mesturador de son e comprabamos ca canle master está activada, coido que ao oitenta por cento está ben. Outro xeito é ir a liña de comandos, escribir alsamixer e comprobar que esta activada dita canle.
Imos darlle un repaso aos codecs necesarios para tratar os arquivos multimedia e a súa actualización. Abrímo-lo arquivo sources.list que contén os repositorios.
# nano /etc/apt/sources.list
e engadímola seguinte liña:
deb http://www.deb-multimedia.org squeeze main non-free
deste xeito, os codecs actualizaranse sos. Saímos do editor e actualizamos:
# aptitude update
resposta:
Recibironse 11,9 MB en 20s (557 kB/s).
W: Error de GPG: http://www.debian-multimedia.org squeeze Release: As seguintes firmas non se puideron verificar xa que a súa chave pública non está dispoñible: NO_PUBKEY 07DC563D1F41B907

entón importámola chave:
# gpg –keyserver keys.gnupg.net –recv-key 1F41B907 (– son dous guións medios, ollo ao copiar/pegar. )
resposta:
gpg: directorio `/root/.gnupg’ creado
gpg: creado un novo ficheiro de configuración `/root/.gnupg/gpg.conf’
gpg: AVISO: as opcións en `/root/.gnupg/gpg.conf’ aínda non están activas nesta execución
gpg: chaveiro `/root/.gnupg/secring.gpg’ creado
gpg: chaveiro `/root/.gnupg/pubring.gpg’ creado
gpg: solicitando clave 1F41B907 do hkp servidor keys.gnupg.net
gpg: /root/.gnupg/trustdb.gpg: creouse unha base de datos de confianza
gpg: clave 1F41B907: clave pública “Christian Marillat ” importada
gpg: non se atopan chaves absolutamente fiables
gpg: Cantidade total procesada: 1
gpg: importadas: 1

engadímola ao arquivo das chaves, gpg.conf:
# gpg –export –armor 1F41B907 | apt-key add –     (– tamén son dous guións medios. )
OK, é a respota, actualizamos outra vez.
# aptitude update
Logo de ter configurados os repositorios, podemos instalar, dende eles, os codecs multimedia básicos para a reprodución dos formatos de audio e vídeo máis comúns, para facelo escribimos no terminal (logueados como root):
Para 32 bits:
# aptitude install w32codecs libdvdcss2 gstreamer0.10-fluendo-mp3 ffmpeg sox twolame vorbis-tools lame faad gstreamer0.10-ffmpeg gstreamer0.10-plugins-bad avifile-divx-plugin libfacc0
Para 64 bits:
# aptitude install w64codecs libdvdcss2 gstreamer0.10-fluendo-mp3 ffmpeg* sox twolame vorbis-tools lame faad gstreamer0.10-ffmpeg* gstreamer0.10-plugins-bad avifile-divx-plugin libfacc0
(*) Ollo, poden crear dependencias con outras aplicacións.
Para coñecer se temos un codec instalado:
# aptitude search o_nome_codec

Referencia:
http://wiki.debian.org/MultimediaCodecs.

Licenza Creative Commons©

Tema Panorama porThemocracy